Luns. 29.04.2024
El tiempo

Adxudicada a nova planta de residuos de Tella

211103 TERREOS PLANTA PONTECESO
Adxudicada a nova planta de residuos de Tella

Tras un ano de trámites, a Xunta vén de adxudicar a construción da nova planta de residuos de Ponteceso por un total de 1,2 millóns de euros. Como anunciaban en xullo, a previsión é que estea en funcionamento a finais de 2022.

A instalación, que substituirá á actual, permitirá ampliar a capacidade ata as 12.500 toneladas anuais e gañar en eficiencia, xa que estará preparada para transvasar, ademais da bolsa negra, as amarela e marrón. Así, dará servizo aos concellos de Ponteceso, Cabana, Malpica e Laxe, pero poderá acoller tamén a fracción orgánica doutros tres municipios máis.

A empresa Misturas, Obras e Proxectos S.A, será a encargada da construción, nun prazo de 5 meses, da instalación nun terreo de de 5.235 m2 de superficie, situado ao carón do Parque Empresarial de Tella.

Estará equipada cun compactador fixo, un sistema de translación de contedores, con capacidade para dous, propiciando deste xeito que se desligue o seu funcionamento do estado do transporte, susceptible de sufrir atrasos por diversos motivos.
A zona contará cun edificio para oficina, vestiario e almacén, que cubrirá as súas necesidades enerxéticas con paneis solares.

210727 planta tranferencia Ponteceso copia

Novas relacionadas

Comentarios