Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Sogama valora un importante investimento para a planta de reciclaxe do polígono de Tella

Poligono de Tella
Vista áerea do Poligono de Tella
Sogama valora un importante investimento para a planta de reciclaxe do polígono de Tella

A aparición, para quedar, da 5ª fracción do lixo, supón unha boa oportunidade industrial. E parece que xa hai os primeiros movementos. Onte tivo lugar unha xuntanza entre o Concello de Ponteceso e Sogama, para analizar a posible mellora da planta de transferencia de residuos sólidos urbanos situada no polígono de Tella.

Unha obra que implicaría un investimento estratéxico para a optimización da xestión ecolóxica dos residuos de máis de 800.000 euros, que provocaría que se deixase de considerar unha microplanta para pasar a ser unha planta de transferencia de residuos como tal. A planta en si mesma veríase ampliada en máis dun terzo da súa superficie actual, permitindo que toneladas e toneladas de residuos (orgánicos e plásticos) non teñan que ser trasladadas ata a planta de Cerceda.

A obra incide directamente tamén nos concellos de Malpica, Cabana e Laxe, usuarios da mesma.

Dende Ponteceso aseguran que pronto tocará, segundo a obriga da normativa europea seguir os pasos da Laracha e Carballo co colector marrón, concellos pioneiros en Galicia. Os concellos próximos que introduzan o contedor marrón poderán baleirar en Tella tamén, sen ter que ir a Cerceda.

Novas relacionadas

Comentarios