Venres. 29.03.2024
El tiempo

AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto

AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto
PP e AGE teñen claras posicións enfrontadas sobre a Mina de Corcoesto

Esta semana veñen de facer públicos os seus contrapontos posiciomentos sobre a mina de Corcoesto os grupos de AGE e do PP.
Por unha banda, o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda denunciou a pasada mañá en rolda de prensa "a nova vía de saqueo e expolio e o brutal ataque á riqueza mediambiental e ecolóxica do noso país que supón o proxecto mineiro de Corcoesto e que conta coa complicidade da Xunta de Galiza", afirmando que "é un proxecto que só compensa á empresa, pero ao noso país non, á nosa xente non, e incluso aos ingresos da Xunta de Galiza".

Non tardaba en chegar a resposta do PP galego, que considera "paradóxico que AGE se posicione contra a xeración de riqueza ao oporse á mina de Corcoesto", asegurando que "p proxecto suporá un investimento superior aos 110 millóns de euros e creará arredor de 270 empregos de xeito directo".

Segundo Xosé Manuel Beiras, "este proxecto compénsalle á empresa, pero ao noso país non, á nosa xente non. Están aproveitando a situación de crise e o paro. É unha chantaxe sobre a xente que está abocada a pasar fame ou ter que emigrar. Absolutamente intolerábel".

Pola contra o PP asegura que se trata dun proxecto que "leva implícita a declaración de utilidade pública" e que "se enmarca dentro da estratexia de apoio decidido á minería galega". Precisemente AGE considera moi grave esa calificación de "estratéxico", xa que "supónque poden deixar fóra aos Concellos,

O deputado da formación galega de esquerdas Antón Sánchez explicou os aspectos negativos do proxecto, entre os que destaca que se trata dunha "explotación a ceo aberto cun impacto fortísimo, non permitido noutras zonas de Europa. O proxecto inclúe unha excavación de 1,5 kms de diámetro e un nivel de extracción elevadísimo ao que hai que sumar o feito de que para separar o ouro empregarán cianuro altamente perxudicial e prohibido en moitos lugares". Ademais insiste en que cando o prezo do ouro baixe a extracción non será rendible.

Medio ambiente-postos de traballo

Esta é unha das disxuntivas máis importantes sobre as que se sitúa Galicia nestes tempos. Precisamente a semana pasada Ramón Vigo puña en voz alta o pensamento de moitos dirixentes, considerando "evidente que a máis postos de traballo, menos importante é o medio ambiente". No relativo á mina de Corcoesto, e como non podía ser doutro xeito, as posicións son encontradas entre estes grupos.

Comentarios