Xoves. 29.10.2020
El tiempo

O alcalde de Ponteceso fica só ante a sombra dunha moción de censura

Imaxe do pleno de onte
Imaxe do pleno de onte
O alcalde de Ponteceso fica só ante a sombra dunha moción de censura

Afrontábase onte un novo e tenso pleno en Ponteceso. 6 dos 8 edís socialistas do grupo de goberno xa anunciaban que non ían aprobar os puntos da orde do día por non ser consultados polo alcalde, un Lois Carballido que parece empeñado en afondar na crise do PSOE local.

O pleno rexeitaba (cos 3 votos en contra doPP, os 2 de APIN, e as abstencións de 5 edís socialistas) unha moción para a modificación de partidas para poder facer a paga extraxudicial. Un punto que só tivo a favor o voto do alcalde e dunha concelleira socialista, pois outro edil non puido acodir.

De seguido o alcalde retiraba da orde do día o punto 3, a proposta de gasto de 300.000€ para gastos de facturas, ao saber que non ía ser aprobada.

Na quenda de rogos e preguntas, o PP pedía a dimisión do alcalde “dado que non pode seguir sen apoios para gobernar este concello. Sexa coherente e abandoe antes de que lle teñan que facer una moción de censura”, avisaba Daniel García Cotelo.

Área de autocaravanas no Cemiterio de Corme

Obras area descanso autocaravanas no cemiterio de Corme

O voceiro do PP tamén preguntou arredor das obras da área de descanso para autocaravanas que se está levando a cabo ao carón do cemiterio de Corme. Os veciños están preocupados polas obras, xa que poden danar o muro centenario do cemiterio.

O PP tamén reiterou as preguntas sobre o PXOM do anterior pleno, se obter resposta.



 

Novas do caso #PSOEPonteceso

comentarios