mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Aldea do Couto exporta experiencia en revitalizar o rural

VISITA EXPOSICION O COUTO-Santiago
VISITA EXPOSICION O COUTO-Santiago
A Aldea do Couto exporta experiencia en revitalizar o rural

Esta mañá de xoves desenvólvese no Couto a xornada “O rexurdir das aldeas”, gracias á unión da Fundación Eduardo Pondal e a Fundación Juana de Vega. Unha xornada para promover o intercambio de ideas e boas prácticas sobre o desenvolvemento, rexeneración e recuperación das aldeas.

Aí ten moito que aportar a aldea das Letras, que precisamente protagoniza unha fermosa exposición que se expón en San Caetano, a sede da Xunta en Santiago de Compostela. Organizada pola Fundación Eduardo Pondal, a expo recolle a historia e as actividades culturais da aldea, é un exemplo de dinamización rural, destacando o traballo das entidades locais por preservar o patrimonio e impulsar o desenvolvemento comunitario.

No acto de presentación participaron o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta, Antón Acevedo; o xerente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé María Varela; a presidenta da Casa da Muller do Couto, Uxía Varela; o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez.

"O Couto é un referente de participación cidadá e desenvolvemento cultural. Temos que seguir traballando conxuntamente para que proxectos coma este sigan medrando e contribuíndo a manter viva a nosa identidade”, sinalou Mato.

Comentarios