Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A arte será tamén protagonista no Esencia Festiletras 2020

Placa de barro de Carmen Isabel Labrador
Placa de barro de Carmen Isabel Labrador que locirá no Esencia do Festiletras
A arte será tamén protagonista no Esencia Festiletras 2020

As Letras Galegas no Couto non teñen data. Así o comprobamos co potente programa anunciado para esta primeira de setembro arredor do chamado Esencia do Festiletras, que mantén a aldea pontecesá como referente en cultura, arte e tradición.

Un programa con moita música, pero tamén con arte. Sempre cumprindo as estritas medidas hixiénico-sanitarias, os visitantes a aldea do Couto van poder desfrutar de varias representacións artísticas ao aire libre.

Por un lado, colocaranse placas de barro de Buño, elaboradas pola mestra oleira Carmen Isabel Labrador, nos rueiros da Aldea do Couto. Deste xeito, todos os recunchos desta pequena aldea quedarán sinaladas co mellor da nosa artesanía.

Ademais, para seguir enchendo de maxia a zona instalarase unha lona cunha fotografía do cormelán Damián Varela. É unha imaxe do Monte Branco con un texto de Eduardo Pondal e quedará instalada na fachada da “Casa do Rosquilleiro”.

Por último, un ano máis volve a pintura mural ao Couto. Este ano será Luís Davila o que os días 2,3 e 4 de setembro deixe a súa pegada artística no inicio dos pasacabanotes.

Novas relacionadas

Comentarios