#BoseXenerosos: O rural segue vivo dende as Letras Galegas do Couto

Arrincou o Festiletras. Arrincou unha semana de actividades no berce europeo das Letras Galegas. E fíxoo coa tradicional entrega dos Premios Bos e Xenerosos, ese xeito de recoñecer o traballo en prol da nosa lingua e da nosa cultura de catro persoeir@s senlleiros do noso país.
Nun acto conducido maxistralmente pola xornalista da Voz, Patricia Blanco, foron aparecendo os Isabel Aguirre (arquitecta e directora da ‘Escola Galega da Paisaxe’ da Fundación Juana de Vega), o actor carnotán Miguel de Lira, Rosario Álvarez (catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academa Galega) e o actor Carlos Blanco.
Todos demostraron o seu agradecemento de que un lugar como o Couto se acordase deles, demostrando de que o rural pode seguir vivo. O mesmo farán o mércores Lupe Blanco e Natalia Lema, despois de anunciaren o seu premio a Literatas 2019.
De seguido Rodrígo Romaní fixo voar ao cento de persoas (é certo que os mitines restaron algo de xente que nos últimos anos) que asisitiron á Fundación Eduardo Pondal, coa súa sublime arma a todos os asistentes co Voo da Pomba.
A música continuou na Casa dos Veciños e fíxoo cun cuarteto de luxo. Sabela Caamaño e Iria Ameixeiras demostraron o seu virtuosisimo ao acordeón e violín. Tamén a nova Irma Macías fixo unha actuación sobresaínte, pero a que verdadeiramente puxo a pel de galiña aos asistentes foi a asturiana Marisa Valle, que fixo unha das mellores actuacións dos últimos anos, meténdose ao público no peto e demstrando unha forza espectacular.
A partir de xa, unha semana de completo programa cultural, de mañá e de tade, comezando por exemplo, na noite de luns, cunha contada da man de Celso Sanmartín ás 20:00h.
Antes, ao longo da mañá do luns estiveron Marilar Alexandre, Fina Casalderrey e Víctor Freixanes facendo sesións para o alumnado dos centros da comarca.
O martes terá lugar un simbólico evento, o peche da primeira edición do programa “Malas linguas: activando falantes para o século XXI”, da Deputación da Coruña. Será a celebración da Lingua de Ouro, na Fundación Eduardo Pondal desde as 9:30 horas e contará unha vez máis coa presenza do persoal técnico de Normalización dos concellos da Coruña e daquelas persoas que queiran sumarse a esta reflexión colectiva en torno aos prexuízos e ás violencias no uso do galego na procura de camiños de traballo en común.
Consta a sesión dunha mesa de debate baixo o título Voces poéticas para a normalización lingüística coa regueifeira Alba María, o contador Celso F. Sanmartín, e Dores Tembrás de Apiario Editora. A partir das 12:00h, haberá xornada técnica e ás 14:30 horas rematará a xornada cun xantar popular.
Máis información
- Programa 2019: Festiletras 2019: O Couto, o berce europeo das Letras Galegas.
Máis novas das Letras Galegas
- A Festa da Resistencia, a Revoltas das Letras.
- Albíscanse unhas comprometidas Letras Galegas para homenaxear a Antón Fraguas.
Máis novas do Festiletras
- 2018: O Couto abríu a escencia das Letras Galegas.
- 2017: A Deputación recoñece o Festiletras como a gran festa das letras en toda Galicia.
- 2017: Todos os días son o Día das Letras Galegas.
- 2017: Emotivo arranque do Festiletras coa entrega dos premios Bos e Xenerosos
- Festiletras 2016: A familia das Letras Galegas vive no Couto.
- Festiletras 2016: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal, primeiro prato do menú do Festiletras.
- Festiletras 2015: Emotividade e risas para o comezo do #Festiletras2015.
- Festiletras 2015: Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP 2015