Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Cando un programa de sendeirismo é moito máis que andar

Caminar na Noite Ponteceso
Grupo dunha das andainas do Camiñar na Noite
Cando un programa de sendeirismo é moito máis que andar

Espectacular o traballo que fai Javier Couto, o técnico de turismo do Concello de Ponteceso, co programa “Camiñar na noite”. "Podía sacar o cartel e esperar que veña a xente pero creo que é importante que participe a xente de aquí, que coñeza o seu terrirotorio, facer un traballo comunitario”.

Couto vai casa por casa facilitando a ficha de inscrición a todas aquelas persoas que non teñen ferramentas para cubrir o formulario online, e aproveita para escoitar historias, lendas, micro topónimos, cantigas… das xentes dos lugares que pisa.

Así, cun simple programa de sendeirismo consegue ademais de promover hábitos saudables e unha actividade de ocio e lecer, fai un traballo en rede, promociona o turismo local, permite á veciñanza coñecer a súa contorna e fai unha colleita de saber popular.

Sde ben as andainas matutinas non están funcionando pois este mes estanse erguendo os días orballeiros, polas noites xunta 100 persoas por sesión. Xentes de aquí que nunca visitaron a outra parte do Concello, xentes que veñen cada verán, turistas de paso, familias completas... o perfil do camiñante é ben diverso, e que disfrutan destas rutas deseñadas por un deses técnicos que todo Concello querían ter.

Agora tamén coida o punto de información turística no Museo Maccmo de Corme onde tamén fai as visitas guiadas.

A vindeira visita, hoxe venres ás 21:15 por Xornes, con saída da pista polideportiva.

Rutas por Corme

As visitas municipais compaxínanse á perfección coas que fai Suso Lista por Corme coa marca 7 Faros

Novas relacionadas

Comentarios