Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Carballido tensará ata última hora para intentar evitar un acordo da oposición

Noelia Varela e Lois Carballido rodeando a Gonzalez Formoso
Noelia Varela e Lois Carballido rodeando a Gonzalez Formoso
Carballido tensará ata última hora para intentar evitar un acordo da oposición

Ata última hora non se resolverá a partida de xadrez formulada para a investidura de Ponteceso. Este sábado 17 de xuño, como no resto de concellos, terá lugar o pleno de investidura na vila de Pondal. Pero as negociacións non parecen que avancen demasiado na última semana e semella que todo se vai decidir sobre a bocina.

Será a presenza ou non como candidato á alcaldía de Lois Carballido por parte do PSOE a que determine o que pode pasar, se os grupos da oposición non dan chegado antes a un acordo. Ante o veto común para a investidura do alcalde en funcións, esa é xogada que busca: manter a corda tensa ata o último instante para evitar que PP, PG e APIN ou Adiante por Ponteceso cheguen a un acordo.

Onte o Diario de Bergantiños avanzaba, sen confirmación, que Carballido ía dar o paso a un lado para permitir a investidura de Noelia Varela Suárez (a nº2 do PSOE). Pero a estas horas, a 2 días da investidura ningún dos grupos da oposición teñen esa confirmación oficial. É máis, dende a Comarcal nos aseguran que “Carballido ten todo o apoio da Secretaría Provincial e da Comarcal para a súa investidura”.

Hai tres escenarios posibles, sempre coa decisión dos edís únicos de APIN e Adiante por Ponteceso como pezas chave para solventar a situación:

Acordo da oposición

Unha vez que PP e Partido Galego xa anunciaron o seu acordo, coa suma dun dos grupos de APIN ou Adiante por Ponteceso, poderíase chegar a un acordo para investir a José Manuel Mato (PP) como próximo alcalde.
Porén, ambos partidos tendentes máis cara a esquerda no espectro político, aínda non teñen certeza do paso a un lado de Carballido e están esperando a última hora aparcando as negociaciacións co PP.

Paso a un lado de Carballido

Se Carballido confirma que dá o paso a un lado (falou estes días coa oposición de “intentar faciliar un acordo de investidura e estabilidade”), podería sumar os apoios de BNG, APIN e Adiante por Ponteceso, que lle servirían mesmo para ter a maioría. Os tempos da negociación non darían para máis polo que se faría un acordo de investidura de Noelia Varela como alcaldesa e despois se negociaría se forman goberno común e o reparto de áreas.

Dende os grupos lamentan que siga habendo persoas confusas entre os concelleiros que formarían goberno, como é o caso do ex edil popular na época de Fondo Aguiar, José Manuel Nuñel Costa “Porteiro”, pero consideran imposible ”facer unha purga maior”.

O PSOE presenta a Carballido

A terceira opción é que non haia avances nas negociacións ata o sábado e Carballido se presente finalmente como candidato á alcaldía. Habería que ver que pasaría nesa situación, porque o PP necesitaría 7 concelleiros para conseguir a maioría absoluta, en calquera outra circunstancia Carballido volvería ser alcalde en minoría. 

MÁIS NOVAS DAS ELECCIÓNS

Comentarios