Martes. 19.03.2024
El tiempo

Carta aberta de Ramón Pasandín, veciño de Corme: “Quen me defende a min?”

Muro e portal de madeira da discordia en Corme
O muro e o camiño da discordia
Carta aberta de Ramón Pasandín, veciño de Corme: “Quen me defende a min?”

Semanas convulsas por Corme ante a situación do derrubamento por parte do Concello de Ponteceso dun muro, que para o Concello está cortando o paso dun camiño público, e que para o veciño é da súa propiedade.

A controversia sitúa no medio e medio a Ramón Pasandín Regueira, o home que mercou unha casa un pouco máis arriba, e que a día de hoxe non ten acceso polo muro da discordia.

Ramón quere amosar a súa postura neste asunto, e mándanos un burofax con esta Carta aberta aos seus veciñ@s:

Carta aberta de Ramón Pasandín Regueira

Eu, Moncho Pasandín Regueira, nacido en Corme-Porto, fillo, neto e bisneto de xente de Corme, fillo de Moncho da Daría do Correo e María Regueira, comprei no ano 2015 a casa de Generosa (Jeny), na rúa dos Condes, casa que se ve dende ao Gafote. Ao lado da casa está a casa e cabanote que estes días aparece nos medios, propiedade de Ángel Suárez Baneira.

Antes de comprala mirei no PXOM e no Catastro que todo estivera en regra e que non existiran ningún tipo de carga sobre ela, incluíndo servidumes de paso.

Atendendo á legalidade recollida no PXOM, feito pola empresa Monteoiva e aprobado polo goberno do Partido Popular con maioría absoluta, no que, igual que no catastro, indica que existe unha vía pública que dá acceso á miña vivenda.

O Plan Xeral estivo a exposición pública e nin Ángel Suárez nin ninguén reclamou nada en relación a esta vía, única vía pública pola que se accede á miña casa dende o ano 1900, data da súa construción. A casa de Ángel Suárez construínse no 1930, 30 anos despois.

A única vía que dá acceso á miña vivenda leva as conducións de saneamento ata a miña casa e tamén ten alumenado público, derribado polo temporal fai 3 anos, e a espera de rematar a casa para volver colocalo por parte do concello.

Eu mais a miña muller Monste Oreiro, outra namorada do pobo e xente de Corme, compramos con ilusión unha cas en Corme, para desfrutala cos nosos fillos, igual que eu disfrutei da miña infancia no pobo, das súas praias e da singularidade da súa xente, e como sabemos os que vivimos fóra de Corme, alibderdade que se ten cando se é neno nunha vila como esta fronte a vida na gran cidade.

Eu levo gastado máis de 80.000€ na rehabilitación desta casa, e aínda me queda para poder rematala, disparándose os gastos e os desgutos, por todos os atrancos postos por meu veciño Ángel Suárez Baneira, no paso pola única vía pública que conta no PXOM e no Catastro. Tendo que solicitar e acondicionar o acceso provisionalpor outra finca propiedade doutro veciño, incrementando máis o gasto de rehabilitación e obrigando a facer a obra a man, case sen maquinaria, para poder continuar coa rehabilitación da vivenda.

Eu diríxome ao pobo de Corme, á Asociación de Veciños de Corme e á Confraría de Pescadores, que podo entender o apoio e defensa que están a facer do seu veciño Ángel Suárez Baneira, pero pregúntolles tamén:
Quen me defende a min? Non son acaso eu unha vítima?
Non son eu quen comprei unha casa dentro da legalidade, quem solicitou e pagou a licencia municipal de rehabilitación?
Non son eu o que paga os recibos da contribución urbana, a auga, o alcantarillado dunha casa á que non me deixanacceder pola única vía pública que lle dá acceso? Por onde deberei ir logo para chegar á miña casa, en helicóptero?

Cando os nenos e nenas da miña idade ían a clase de inglés a casa de Generosa, a filla de Novo, por onde entraban? Tiñan que pedirlle permiso a alguén para poder pasar polo camiño?
Por que non se di que a casa de Ángel en realidade son dúas, cada unha cunha referencia catastral e un camiño polo medio delas? Por que nos queren facer crer que todo é unha mesma propiedade? Non será que o que quere é anexar o camiño á súa casa e cabanote?

Pregúntolles de novo a estas a estas Asociacións de Corme: de verdade non son unha vítima?
Onde se solicitan as licencias de rehabilitación, ante un técnico urbanístico no concello, ou na Asociación de veciños?

Unha Asociación de Veciños debería apoiar a todos eles por igual e non poñerse de parte dun perxudicado claramente a outro, debería colaborar para que se solucionen os problemas, e que quedara claro que non existen outros intereses diferentes que a defensa e boa convivencia dos seus veciños.

Quen está a utilizar a quen? Ángel a asociación de veciños ou esta asociación a Ángel e ao pobo de Corme?
Non merecei eu, que me defendan co mesmo ímpetu que defenden a Ángel Suárez Baneira?
A súa forma de actuar e apoiar a Ángel Suárez, non me perxudica gravemente a min?
Non fixen eu todos os trámites ante o Concello de forma adecuada ou tiña que ir falar primeiro coa Asociación?

Se o que pretenden é darlle unha patada no cú ao alcalde, que non sexa no meu traseiro.

Aproveito a cara para darlle as gracias a todos os meus veciños de Corme, que me manifestaron durante todo este tempo o seu apoio e ánimo, porque ter un pobo coas súas casa arregladas e cheo de vida e manterme a ilusión por voltar ao meu pobo, onde nacín, teño familia e amigos e tanto disfrutei e aprendín das súas xentes, e sigo a facer.

  • Ramón Pasandín Regueira.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios