Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A comunidade escolar do CEIP Eduardo Pondal pide á Consellería que aprobe o cambio o horario de saída para poder facer varios turnos de comedor

A comunidade escolar do CEIP Eduardo Pondal pide á Consellería que aprobe o cambio o horario de saída para poder facer varios turnos de comedor

O comedor do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, como outros moitos da comarca, non reúne os requisitos suficientes ante a situación Covid, para poder dar de comer a todos os usuarios nun só turno. Ante a imposibilidade de non poder habilitar unha aula colindante, e de non ter posto, a estas alturas, mamparas de separación, os reprensentantes de nais/pais do Consello Escolar veñen de solicitar á Consellería de Educación a mobilidade de horario.

Unha petición que obrigaría a saír todos os días da semana ás 16:15h (como si acontece os luns), para poder realizar dous turnos de comida.

A comunidade escolar espera, xa en pleno curso, a resposta da Consellería de Educación e de Mobilidade (afectaría ás liñas de autobuses).

A mellor solución

”A solución máis lóxica a estas alturas comezado xa o curso escolar cremos que é a de mobilidade de horario para así poder facer dous turnos de comedor especialmente respaldados polas empresas locais que realizan o transporte escolar e que xa manifestaron a súa disposición a facelo viable”, explican dende o comedor do centro.

”Parécenos indignante que despois de telo solicitado con días de antelación suficiente, o Centro non recibira aínda unha resposta”, lamentan.

Unha stuación que obriga a moitos pais e nais a evitar enviar aos seus nenos ao comedor, se ben outros moitos non poden evitalo.

Novas relacionadas

Comentarios