Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Coñecendo o MAC da man dun experto

Coñecendo o MAC da man dun experto
Imaxe da inauguración do MAC en abril

Como descubrir e coñecer o interior do Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte de Corme da man dun experto?

Pois acodindo algún dos mércores do verán. Xa que a Fundación Torre-Pujales ofrecerá visitas guiadas, gratuítas, ao Museo con explicación das obras, curiosidades, técnicas e a posibilidade de contestar a todas as súas preguntas.

O vindeiro mércores dia 25 ás 19 horas se inaugurá esta actividade que se desenvolverá durante todo o verán. Cada mércores a visita será guiada por un especialista diferente no tema: pintor, escultor, crítico de arte...

Máis conferencias

O vindeiro venres 27 ás 20 horas no Museo de Arte Contemporánea, Costa da Morte, de Corme, a Doutora en Farmacia e Especialista en Nutrición e Epidemiología falará sobre as pragas, os seus problemas, prevención e extinción, dentro do ciclo de verán de actividades culturais, da Fundación Torre-Pujales. A proposta será sobre "Os hóspedes máis desagradables: as pragas".

A entrada é gratuíta ata completar o aforamento. A Doutora Torre Cervigón está considerada unha das máis acreditadas especialistas na materia, e impartiu cursos por toda España ademais de levar o control sanitario de distintas exposicións internacionais como a última Expo de Lisboa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios