Convocan unha nova concentración en Ponteceso ante o feminicidio de Domaio

08:02 07/10/24
Galicia segue consternada ante o femicidio acontecido en Domaio, Moaña. Un home lanzaba ao mar a unha muller para quitarlle a vida. As concentracións repítense dende a vila pontevedresa por toda Galicia, e dende o colectivo Feminismo en pé non queren deixar a alzar a voz, e convocan unha concentración para este luns 7 de outubro, ás 20:30h, na Praza do Recheo de Ponteceso.