Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Protección Civil de Carballo coordina a axuda de material máis necesario para La Palma

Axudas La Palma Carballo copia
Protección Civil de Carballo coordina a axuda de material máis necesario para La Palma

Continúa a comarca arrincando esta semana unha campaña de axudas necesarias á veciñanza de La Palma. Desta volta é a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo a que, unida a todas as Agrupacións do país, coordinará unha campaña de recollida de material humanitario imprescindible para a vida diaria da poboación de La Palma.

O xefe da Agrupación de Voluntarios de Carballo, Juan Barca, fai un chamamento a toda a veciñanza para achegar o material máis necesario nestes momentos: roupa de cama (sabas, mantas…), toallas e material de hixiene tanto para adultos coma para nenos.
Así mesmo, para facilitar o labor das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de La Palma tamén se precisa material técnico coma cascos, chalecos, máscaras filtrantes ou lanternas.

Todas aquelas persoas, empresas e entidades que queiran colaborar poden depositar o material na Base de Protección Civil do Concello de Carballo ata o venres día 8 de outubro de 2021. Dende aquí, a Agrupación de Voluntarios farase cargo de enviar, ou, se é posible, entregar persoalmente, toda a axuda que se recolla ás persoas afectadas pola erupción do volcán de Cumbre Vieja.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios