Venres. 17.05.2024
El tiempo

Crece a polémica en Ponteceso ante a imposibilidade de gravar os plenos

Crece a polémica en Ponteceso ante a imposibilidade de gravar os plenos

A semana pasada o pleno de Ponteceso quedaba a medias ante a marcha de todos os grupos da oposición. Un pleno no que ademais era expulsado un veciño por intentar gravar o pleno. Unha decisión bastante controvertida pois, como temos falando en varias ocasións, os plenos son actos públicos nos que ten que estar permitido grabar. Así o recordan os membros da Plataforma “Graba tu Pleno”, que conta con milleiros de seguidores en toda a península que levan as súas cámaras aos plenos para exercer o dereito da cidadanía de poder ver como os representan os seus políticos escollidos.

Hoxe é o grupo da oposición APIN, o que envía varias preguntas ao grupo de goberno e concretamente ao alcalde por este asunto. APIN pregunta "onde esta regulado o permiso" que asegura o alcalde ser necesario para gravar o pleno. Pregunta tamén "que dereito dos asistentes vulnera o feito de gravar o pleno" e "Que diferencia hai en que a gravación a faga un funcionario ou un particular interesado nas decisións da vida municipal?"

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios