Curso de auxiliar de axuda no fogar en Ponteceso
09:05 28/01/11
O Concello de Ponteceso esta a organizar un Curso de Auxiliar de axuda a domicilio. Este curso é moi demandado pola poboación, debido a que permite profesionalizarse no coidado ás persoas dependentes no fogar.
O curso, que terá 20 prazas, comezará o vindeiro 21 de febrero e rematará o 12 de abril. Contando con 150 horas lectivas.
O horario será de luns a venres de 16.30h a 20.30h na Fundación “Eduardo Pondal no Couto.
As persoas interesadas poderán anotarse do 7 ao 16 de febrero (ambos incluídos) no Concello.
Todos/as interesados poden informarse no Departamento de Eduación Familiar do Concello, ou chamando ao 981 714 000 ext. 51.
Novas relacionadas
- Faite voluntario en Ponteceso.
- Novos cursos de informática en Ponteceso para reducir a fenda dixital.
- Ponteceso forma pequenos e maiores usuarios da rede.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Ponteceso.