Controlado o incendio de Niñóns tras arrasar 118 hectáreas
- Última hora (20:00): CONTROLADO o #IFNiñónsPonteceso. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 118 hectáreas, das cales 47 son arboradas e 71 rasas. No seu control levan participado ata o de agora 4 técnicos, 11 axentes, 28 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 6 avións e 4 helicópteros.
- [9:00]: ESTABILIZADO o #IFNiñónsPonteceso. Segundo as últimas estimacións coa luz do día, rolda as 90 hectáreas de superficie afectada provisional. O incendio no está extinguido.
Dende as 20.00 levan traballando as brigadas do Distrito V por mor de dous incendios forestais na comarca de Bergantiños.
Incendio en Razo
Un deles está sendo en Razo (Carballo), bastante controlado.
O outro, en Niñóns (Ponteceso), onde o lume se iniciaba ás 19:42h. Ás 1:00h da madrugada xa superaba as 20 hectáreas, chegando á costa ata a Barda, polo que a Xunta xa o califica de #IFNiñónsPonteceso.
Finalmente quedou estabilizado ás 8,35 h. desta mañá. Segundo as últimas estimacións coa luz do día, rolda as 90 hectáreas de superficie afectada provisional. No seu control levan participado ata o de agora 4 técnicos, 7 axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 6 avións e 2 helicópteros.
Incendio en Santa Mariña
#IfPonteceso 21:45 📸 pic.twitter.com/dpYfwUpbGK
— Incendios galicia (@Incendiosgalic1) August 23, 2021
#IFPonteceso 20:40
— Incendios galicia (@Incendiosgalic1) August 23, 2021
Las fuerte rachas de viento dificultan la extinción
📸 Desde Nosa señora do faro pic.twitter.com/ewwzRKh5Ke
085
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.