Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os edís socialistas a Carballido: "A súa prioridade é máis económica que vocacional"

Corporacion Ponteceso
5 dos 8 edís socialistas da corporación de Ponteceso asinan este comunicado dirixido ao alcalde
Os edís socialistas a Carballido: "A súa prioridade é máis económica que vocacional"

No marco da crise da crise do goberno de Ponteceso, 5 dos 8 edís socialistas do grupo de goberno (Faustino Santiago, Raquel Fondo, Ana Pérez, Salvador Eiroa e Miguel Ángel González) asinan esta carta dirixida ao alcalde e á veciñanza.

Carta dos 5 edís do PSOE

Despois dos últimos acontecementos creo que temos o deber de explicar aos veciños e veciñas a realidade dos feitos. Os cinco concelleir@s que formamos parte do goberno, votamos a favor dunha moción que cremos xusta e máis nos tempos que corren, como gobernantes elixidos polos nosos veciños/as temos a obriga de estar ao voso lado e de axudar, e quizais máis en esta época difícil que estamos a vivir e sobre todo cando falamos de cartos que son de todos/as vos! Así se lle manifestou o señor Alcalde!!!

A sorpresa é máxima cando nos enteramos pola prensa da súa decisión... nun momento no que hai xente que perde o seu traballo e que está sin ingresos a el non lle parece razonable gañar 3000 euros brutos ao mes! Entón deixanos entrever que a prioridade é máis a económica que a vocacional e igual debe adicarse a docencia. Quen lles dera a maioría da nosa poboación e a nós mesmos ter iso para os nosos fillos pero a realidade é ben distinta, así que opta por adicarse a ensinanza pola simple razón de que gaña máis. E non só iso senón que nos di a todos que iso repercutirá no concello!!!

Durante este ano no que se asignou o soldo máximo, e enterándonos no pleno de investidura sen ningún consenso previo, non mencionou o que gañou pero agora si publica o que perde... en fin, estamos e estaremos sempre na parte xusta das cousas veña de donde veña e pese a quen pese, o tempo coma sempre poñerá a cada un no seu sitio!

O proxecto ao que fai alusión consiste en aceptar as propostas que el propón e non saír da liña marcada, se é así non escolleu aos candidatos idóneos xa que cada un de nós pensa por si só e no consenso está o avance.

En canto a agrupación socialista pensamos que debería facer autocrítica porque xa son coñecedores da situacion interna do grupo e deberían priorizar nos veciños e non só nos intereses do alcalde.

  • Asdo. por Faustino Santiago, Raquel Fondo, Ana Pérez, Salvador Eiroa e Miguel Ángel González

Novas do caso #PSOEPonteceso

Comentarios