Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Os edís socialistas de Ponteceso critican que o alcalde está levando ao concello “á ruína”

Lois Carballido alcalde de Ponteceso
O alcalde Lois Carballido afronta só o pleno de Ponteceso
Os edís socialistas de Ponteceso critican que o alcalde está levando ao concello “á ruína”

Continúa moi crispado o ambiente no pleno de Ponteceso. A maioría dos concelleiros socialistas do grupo de goberno manteñen a guerra aberta contra un alcalde ao que acusan de ter máis vontade económica que política e recoñecen que “o diálogo entre o grupo de goberno pontecesán é inexistente e o alcalde segue tomando as decisións unilateralmente e sen ningún tipo de diálogo”.

Así, este luns hai pleno pero os edís denuncian que o alcalde reunise aos militantes para tratar os puntos que sairán a tratar no pleno, “sen contar cos concelleiros que son os que teñen o voto e cos que ten que manter o diálogo para levar a cabo o seu proxecto político”.

Os 5 edís asinan unha nota hoxe na que critican que “o señor Carballido anuncia que a súa prioridade é pagarlle ás empresas locais pero omite que conlevan informes en contra. Esto deixa entrever a mala xestion, e que non existe ningún tipo de planificación de gasto, o cal está levando a situación economica do concello á ruina, da cal non queremos ser cómplices”.

Parece, deste xeito, que a proposta de gasto de 300.000€ para gastos de facturas pode que non sairá adiante.

Novas do caso #PSOEPonteceso

Comentarios