Elas fan Camiño dende Ponteceso

09:14 01/03/11

A pasada mañá a Concelleira de Cultura, Susana Cousillas Sánchez, inagurou a exposición "Elas fan camiño", que acolle o Concello de Ponteceso na Fundación "Eduardo Pondal".
Esta exposición, que poderá verse ata o vindeiro 15 de marzo na Fundación, polas tardes, pretende dar a coñecer o protagonismo da muller nas rutas de peregrinación a Compostela. A mostra fai un percorrido pola historia das muelleres que peregrinaron a Compostela dende os lugares máis afastados e relevantes do cristianismo, e que tamén foron protagonistas na creación e mantemento das diferentes rutas de peregrinación, verdadeiras vías de circulacón da cultura e dos progresos técnicos soicoculturais durante séculos.
Novas relacionadas
- Pondal e Curros unidos polas súas fundacións.
- 20 mulleres asisiten ao Curso de Axuda no Fogar en Ponteceso.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Ponteceso.