Venres. 26.04.2024
El tiempo

Esther Suárez e Diego Castro representaron a España no premio Nobel Junior de Agua e Sostibilidade

Diego Castro e Esther Couto en Estocolmo
Diego Castro e Esther Couto en Estocolmo
Esther Suárez e Diego Castro representaron a España no premio Nobel Junior de Agua e Sostibilidade

En maio coñeciamos a nova de que dous pontecesáns ían representar a España país no premio Nobel Junior de Agua e Sostibilidade. O proxecto de Esther Suárez e Diego Castro foi escollido pola Fundación Aquae para participar no “Stockholm Junior Water Prize 2022”.

Ata Suecia foron a semana pasada estes dous estudantes do IES Ponteceso e das Aulas Científicas Isidro Parga Pondal da Fundación Eduardo Pondal, para presentar o seu ”Nunca choveu que non escampara”, proxecto tecnolóxico enfocado á previr e paliar os efectos colaterais das inundacións.

Eran 36 as propostas presentadas de todo o planeta, e finalmente foi o proxecto da canadiense Annabelle M. Rayson o gañador do #SJWP.

Diego Castro e Esther Couto en Estocolmo 2
 Esther Couto e Diego Castro

”Foi unha experiencia incrible, con xentes de todas as culturas que te axuda moito a abrir a mente”, cóntanos Esther, que tivo que perder unha semana da escola de verán do Couto, onde é unha das marabillosas mestras, para participar nesta viaxe internacional. “Axuda a desengraxar o inglés, ademais”, recoñece despois de ter que expoñerlle o traballo ao xurado, e ter pasado noites de hotel con xentes de todo o mundo.

Diego Castro e Esther Couto en Estocolmo 3

Novas relacionadas

Comentarios