Luns. 29.04.2024
El tiempo

Estudan a creación de dúas sendas fluvias en Corme e Ponteceso

Tamén analizaron a posible rehabilitación das casas dos mestres, acreación dun novo aparcamento e a ampliación do polígono
Vivenda social nas antigas casas dos mestres de Ponteceso
Casas dos mestres de Ponteceso
Estudan a creación de dúas sendas fluvias en Corme e Ponteceso

Mantivo onte unha reunión de traballo o alcalde de Ponteceso José Manuel Mato, coa Conselleira de Infraestruturas Ángeles Vázquez, para analizar varias cuestións.

Sendas no Anllóns

A Xunta de Galicia estudará colaborar co Concello de Ponteceso na execución de dous proxectos municipais. Unha das actuacións ten como fin habilitar unha senda que discorre por unha das marxes do río Anllóns, en plena Rede Natura 2000, nunha zona de 3km que xa conta cunha senda pero necesita acondicionamento e instalación de mobilizario urbano.
O segundo itinerario sobre o que quere intervir o Concello discorre ao redor dos muíños de auga de Corme, localizados ao carón do rego de Guxín e que, tal e como explicou o alcalde, están a ser restaurados polos seus propietarios.

Rehabilitar as antigas casas dos mestres

Así mesmo, tamén analizaron as posibilidades de ampliar o parque público residencial do municipio a través da rehabilitación de antigas vivendas de mestres (xa hai algunha rehabilitada en formato de alugueiro social), un proxecto que, segundo lle confirmou Ángeles Vázquez, podería optar á convocatoria de 2024 da liña de axudas que pon á disposición das entidades locais o Instituto Galego da Vivenda e Solo para recuperar edificios de titularidade municipal.

Aparcamento

Mato trasladoulle á Conselleira a intención de crear un novo aparcamento nas proximidades do parque das Bouzas.

Polígono: O SEPES

Sobre caso da ampliación do polígono de Tella, anunciada en innumerables ocasións polo ex alcalde, a Xunta sinalou que é o SEPES organismo público co que o Goberno local asinou o seu día un convenio para ampliar o polígono. En todo caso, e se finalmente Sepes se nega a acometer a referida ampliación, a vicepresidenta comprometeuse a estudar a viabilidade dunha posible intervención da Xunta a través de Xestur que permita ampliar esta área industrial.

Comentarios