Festiletras 2017: O frasco pequeno onde caben todas as esencias da cultura galega

12:42 20/04/17

”A milagre das Letras”
”Para min é moi importante o que estamos facendo aquí”, recoñece un dos grandes armadanzas, Xosé María Varela. “Hai xente con moitos máis recursos non consegue o que conseguimos no Couto, porque segue sendo un milagre que nunha aldea de 60 casas (xa non se pode falar como antes das 100 porque xa só quedan 60 habitadas) arme tanto lío”. Varela recoñece que este ano parece que vai haber maior apoio institucional (“esperamos que as administracións se decaten que tamén se pode facer cultura nos lugares pequenos”) e valora que haia empresas privadas que se animen a colaborar. Un Xosé María Varela que fai balance. “Cando nós empezamos practicamente non se celebraba o Día das Letras Galegas, porque non era festivo e como moito se facían cousas nos coles. Nós celebrábamos a Festa das Letras, como a chamábamos antes, o domingo seguinte ao 17 de maio, e agora facémolo durante unha semana”. Unha vez El País titulou “a Aldea que soñaba con facer país”, pero para Varela a mellor definición que recibíu o Festiletras chegaba da man de Fina Casalderrey. A Académica, que volverá ao Festiletras este ano, por certo, dixo: “O Couto, frasco pequeno que reúne todas as esencias”, facendo referencia a que o produto cultural que ofrece o festival é sempre en formato pequeno. Outra boa definición apórtaa a propia Varela. ”O Festiletras é o Universo Macondo de García Márquez, un espazo onde pode vir un de Cereixo, un de Corcubión, un de Muros, un de Ourense ou un da banda de Bergantiños, porque está a gusto”.Aposta por xente consagrada e novas promesas
Este ano moitos dos nomes soan doutros anos, e que precisamente se trata diso, de apostar por, xentes que estiveron por aquí, xente consagrada, pero tamén por xente nova, como esas bravas de No Fío da Ferreña que baten marcas nas redes sociais. Ademais, o propio Varela recoñece que agora é máis sinxelo preparar un gran cartel: “agora a xente xa nos chama a nós, iso foi o que conseguimos nestes 35 anos, e nos poñen prezo Festiletras, se non sería imposible”. Haberá de todo, dende a presencia dos Bolechas para os máis cativos, como as citas culturais máis interesantes para o público máis esixente. Carlos Blanco coa súa fala, Luís Davila co seu lapis, Marcos Pereiro e Fran Rei en escea; a música de Uxía, de Sés, de Guadi Galego, de Joao Afonso, de De Vacas, de Mero, de Mini ou das veciñas bergantiñás de No filo da Ferreña… Este só é o primeiro prato do completo menú das letras que nos vai propoñer a xente do Couto e que iremos coñecendo estes días. Vaian reservando as datas, porque do 14 ao 21 de maio cómpre non andar moi lonxe do Couto.
Novas relacionadas
- Marzo 2017: Unindo aos tres protagonistas do Rexurdimento literario galego polo centenario do pasamento de Pondal.
- Festiletras 2016: A familia das Letras Galegas vive no Couto.
- Festiletras 2016: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal, primeiro prato do menú do Festiletras.
- Festiletras 2016: Sabroso e variado menú cultural para o gran Festiletras 2016.
- Festiletras 2015: Emotividade e risas para o comezo do #Festiletras2015.
- Festiletras 2015: Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP 2015
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2014: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
Máis novas
- A mocidade que forma.
- Guadi Galego: “As letras galegas xa non son se non hai Festiletras”.
- 2016: A mocidade pondaliana comparte experiencias.
- 2014: A mocidade voluntaria do Couto levanta a man.
- 2013: Do enorme traballo de canteira dende O Couto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).