Martes. 16.04.2024
El tiempo

A historia familiar do gravado dun burro nunha rocha do Roncudo

O gravado do burro do Roncudo pode datar do seculo XIX-Corme
O gravado do burro do Roncudo pode datar do seculo XIX. Foto de Suso Lista
A historia familiar do gravado dun burro nunha rocha do Roncudo

Segue Suso Lista destapando patrimonio cultural de Bergantiños. O último achádego non é un petroglifo con milleiros anos de historia, pero si é un gravado moi singular nunha rocha do Roncudo. Atopouna hai unha semana e gracias ás redes sociais conseguiu contactar con Asunción Chans, que lle contou de onde pode vir o gravado.

O gravado recolle a figura dun burro que ben pode ser o de Plácido Chans, un home do Roncudo, que tiña unha soa perna e que aló pola metade do século XIX baixaba todos os días ata o mar de Corme á pescar na súa chalana. Xusto nesa pedra, no camiño da Fieiteira, a orografía cambia e o home aproveitaría a pedra, que lle era moi cómoda, par subir ao burro para pasar as zonas máis empinadas. O resto do camiño faríano andando os dous xuntos.

A historia recóllea Asunción Chans, descendente de Placído, que lle contou a Suso que na casa pensaban que simplemente era unha lenda familiar que contaba o seu avó (curioso é que o pai de Asunción tamén tiña unha perna soa). Ata que apareceu este gravado.

O gravado do burro do Roncudo pode datar do seculo XIX

Os petroglifos están limpos

Este non é un petrogifo pero a ocasión serve para lembrar que os icónicos e importantes petroglifos de Corme volven estar limpos e preparados para as visitas. Limpos gracias á activa veciñanza de Ponteceso que presentou un informe denuncia en Seprona para que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e o concello de Ponteceso actuasen en consecuencia.

Cómpre sinalar que oscoñecidos da Fieiteira, a Regadiña ou os do Petón da Campaíña, son elementos únicos en Galicia por varias razóns, por estaren situados en zonas altas ou cimas de outeiros (algo non habitual), e porque “en Corme hai un caso único en Galicia dunha representación antropomórfica en falso relevo”, segundo recoñecían Patricia Mañana e Manuel Santos nun estudo que definen a zona como “unha serie de estacións de arte rupestre excepcionais e cunha cronoloxía controvertida”.

 Petroglifos de Corme-Foto-Suso Lista
Fotos de Suso Lista dos petroglifos da Fieiteira

Novas relacionadas

Comentarios