Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Kula Shaker, por fin a Valarés

Kula Shaker, por fin a Valarés
Kula Shaker no Festival V de Valares 2016

Xa sabemos que pasarán pola praia de Valarés xentes como León Benavente, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos, Fogbound….. Pero os grandes nomes aínda están por aparecer. Como este que presenta hoxe, con tremenda alegría, o Colectivo V de Valarés. Dende a primeira edición leva Adrián Varela detrás deles, e neste 2016 vai conseguir traer a este curruncho do Finisterrae ibérico a Kula Shaker.

Falamos dunha das miticas bandas da era post-britpop de finais dos anos 90, e que, liderada por Crispian Mills, aínda está perfectamente en forma.

Xa teñen todo vendido para as súas citas en Manchester, London, Amsterdam, Bruselas, París, Berlín… e veremos que pasa coas costeiras. Ollo que o aforo é limitado. Ponte as pilas e merca xa a túa entrada ou abono. Por agora, 3 días de música, praia e acampada, por 30€.

Este é o seu mítico Hush:

 

E este é o seu novo Infinite Sun, que segue tendo esas influencia hindús tan caracterísiticas:

 

Así o petaban xa no 96, co máxico Hey Dude:

 

E aquí deixásmosvoc cun concerto en 2008 en Alemaña:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios