Martín Varela comeza o seu desafío para chegar ás Olimpiadas de Río 2016
Xa temos falado con el dos problemas económicos dun dos mellores deportistas de España na súa disciplina para disputar torneos internacionais. Pero é que hai disciplinas deportivas que non son tan agradecidas como outras, e o bo de Martín Varela ten que buscarse a vida para conseguir fondos.
Desta volta, o desafío merece a pena: os Xogos ParaOlímpicos de Brasil 2016.
En todo caso, parece estrano que as administracións galegas non fagan un esforzo apoiando un tenista que podería representarnos nun evento coma este, pero a realidade é que o cormelán ten que tirar de amios, e de moito humor, para ir facendo caixa. Xa lle avisara a Xunta: “non es deportista de alto nivel”, espetáronlle a pesar de 3 veces campión de España, internacional habitual coa vermella, e un currículo que mete medo.
Xa o ano pasado, os seus amigos lle armaron unha festa para mandalo ao Campionato do Mundo. Desta volta toca unha gala de humor, no marco do 8º Festival Galego de Cabaré, que se vai celebrar o vindeiro 26 de setembro no Teatro Colón da Coruña, organizada pola Tuerka.
Unha gala que contará coa colaboración e as actuacións de figuras destacadas do espectáculo de da cultura e do deporte galegos.
Mentres, tentará dinamizar os actos para colleitar fondos a través das sedes sociais, co novo facebook aberto ”Con Martín a Río 2016”.
Así que xa podes mercar a túa entrada para asistiren o espectáculo ou colaborar coa campaña recaudatoria adquirindo a túa "butaca cero”.
Moita sorte, #DalleMartín!!
Máis información
- Con Martín a Río 2016.
- Comprar entradas ou Fila 0 para a Gala de Humor por Martín Varela.
- martindecorme.blogspot.com.
- Páxina de Facebook de MARTÍN VARELA DOURADO.
Novas relacionadas
- Entrevista de David Lourido: Martín Varela: “Para a Xunta non son deportista de alto nivel”.
- Martín Varela pelexou polas medallas da Copa do Mundo coa Selección Española.
- Martín Varela preparará o Campionato do Mundo co torneo da casa.
- Martín Varela volve á Selección Española para disputar o Campionato do Mundo.
- 02-04-14: Martín Varela volve á competición.
- Xuño 2013: Novo doblete de Martín Varela en Zaragoza.
- Abril 2013: Unha festa para mandar a Martín Varela ao Campionato do Mundo.
- Abril 2013: Martín Varela comeza a temporada dende a Selección Española.
- Setembro 2012: Martín Varela pecha a tempada a golpe de títulos.
- Xuño 2012: Martín Varela e a Selección Española petan con Asia.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).