Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Martín Varela comeza a temporada dende a Selección Española

Martín Varela comeza a temporada dende a Selección Española
Martin Varela a dereita coa Seleccion Espanola

Dende a interesantísima entrevista que lle fixeramos o pasado setembro non tiñamos novas del. Pero segue en marcha o noso cormelán máis internacional. De feito, Martín Varela, integrante da Asociación Deportiva Vidú acudiu o pasado fin de semana á concentración da Selección Española de Tenis en Cadeira de Rodas. En devandita concentración o seleccionador español, David Sanz, tiña como obxectivo principal analizar o nivel de xogo actual dos xogadores e preparar o Mundial que terá lugar en Turquía no mes de Maio.

Á cita acudiron os seguintes xogadores, ademais de Martín Varela, o aresán Álvaro Illobre, o madrileño Roberto Chamizo e o rioxano Juan José Rodríguez. As grandes ausencias foron o catalán Kiko Tur por lesión e o madrileño Dani Caverzaschi por atoparse disputando torneos en América.

Os xogadores levaron a cabo un stage de tres días para preparar a próxima participación no Campionato do Mundo en Turquía. O equipo español está encadrado no Grupo Mundial II, polo que intentarán volver ao Grupo I. Tras esta concentración o seleccionador debe conformar o equipo masculino que acudirá ao Mundial.

O ano comezou cun recoñecemento á Selección Galega de Tenis en Cadeira de Rodas formada por Martín Varela, Álvaro Illobre e Juan Gutierrez. O pasado 21 de Marzo celebráronse os Premios Anuais do Deporte Galego da Tempada 2011-2012 en Lugo. Alí a Selección recibiu o premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidad.

O cormelán Martín Varela acudirá este próximo fin de semana ao seu primeiro torneo da tempada, xogará o Open de Marbella desde o vindeiro venres.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios