Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Miguel Anxo Mato Fondo presenta a súa nova novela na Eira

Acuarela de Miguel Anxo Mato Fondo
Unha das acuarela de Miguel Anxo Mato Fondo que acompañará a presentación
Miguel Anxo Mato Fondo presenta a súa nova novela na Eira

Hai apenas uns días que coñecimos polo miúdo o novo libro de Miguel Anxo Mato Fondo. Contounos de onde parte “Sisley no xuncal da Trave”, publicado por Medulia.

Pero que mellor que escoitalo de primeira man na primeira presentación da obra. Como non podía ser doutro xeito, será en Ponteceso, na Eira, establecimento que vai recuperando a vida cultural volvendo ser referente comarca. A cita será o venres 22 de outubro ás 20:00h.

Para acompañar a presentación, o escritor tamén vai levar unha mostra das súas acuarelas, feitas en papel, tamanho A4, tan abstractas como impactantes, que teñen un importante “sentido onírico”, da súa memoria, do seu mundo.

Novas relacionadas

Comentarios