Noite movida para presentar as primeiras novas do Retella Fest 2025

Xa está en marcha un dos Festivais máis vivos da Costa da Morte. O Retella Fest 2025 xa ten data, o 28 de xuño, e as primeiras bandas confirmadas que conformarán o cartel: A banda carballesa “Tu Futura Ex Mujer” é a primeira novidade desta que será xa a 6° edición, que tamén contará coa participación, outro ano máis, dos carballeses "Lowcos", e o trío psicodélico compostelán "Radio Zapa!".
Estas foron as primeiras novas que compartiron os organizadores do Festival na Festa de presentación organizada o pasado sábado no campo dos Seixos, en Tella, Ponteceso. Nunha noite tranquila no plano meteorolóxico pero movida no plano musical, gozaron dun auténtico minifestival.

Os carballeses da casa, fixeron a delicia dos asistentes coa súa candela. A velada continuou cos acordes de Jazz de Q`Jazz Band que fixeron gozar a grandes e pequenos (entre o público había asistentes de idades moi diversas). Seguiulles Baila Cuchillo que presentaron temas de estilo stoner e rock duro cunha gran presenza escénica e rematou a xornada Vinylo cun estilo de rock clásico moi bailable que fixo mover as cadeiras a máis dun vello rockero.
Durante o evento recaudáronse algúns fondos para facer posible os concertos do verán e continuar organizando “o único festival de música autoxestionado de toda a Costa da Morte.”
Así foi a festa de presentación do festival do ano pasado:
Outras novas musiqueiras