#SoandoconForza: Cuestionario con Lowcos
- Sometemos a Suso dos Lowcos ó cuestionario de #Soandoconforza.

1 - Como vai Lowcos? hai material novo á vista ou algún concerto proximamente?
Agora mesmo temos a Pedrín (o baixista) recén operado do xeonllo e o guitarrista Nacho fóra da banda temporalmente por incompatibilidade laboral, pero os Lowcos somos moitos e a máquina non para, acabamos de fichar a Nani à guitarra que xa paraticipara con nos como baixista en Psychofonia, e aí estamos, preparándonos para o próximo bolo no Casino o 9 de Decembro, acompañando a unha pedazo de banda menorquina “Johnson Woo”.
Aparte estamos preparando unha maqueta con catro temas en galego “Esquizo”.
2 - En cantos grupos estivo Suso ó longo da súa carreira musical ?
Empezei nunha banda na que faciamos versións (Los Enemigos, Vacazul, Ronaldos…) e que poñíamos como nome, o nome da sala o revés (Dublin-Nilbud/Ventana-Nataven…) Jajajajaja ocurrencias por non buscar un nome. Despois xa formamos os Lowcos con Adrián, Pedrín, Conrad, Chape e eu. Máis tarde entrou Nacho e creamos un proxecto paralelo Psychofonia, por el pasaron moitos músicos (Pedro de Apart, Fernando Lantes, Nani, Álvaro…), pero os Lowcos xa non deixarían de funcionar ata hoxe.
3 - Algunha fórmula para que cada concerto sexa especial e tocar non se convirta en algo monótono?
A ver, realmente os Lowcos existen por e para o directo, non gravamos nada en 15 anos e eso que pasaron polo noso repertorio uns 25 temas propios!!! O que máis condiciona os nosos directos e a conexión co público, eso é o que marca o éxito ou non dos nosos directos, cando hai feeling voamos!!!
4 - Con que grupo che gustaría tocar ou telonear?.
Se nolo pide Radiohead non lle imos dicir que non.
5 - O concerto o que asistises que máis che impactou ou te marcou?
A ver cando vin a Nick Cave por primera vez foi impactante, e segueo sendo, pero se me teño que quedar con un foron os Rage Against the Machine.
6 - Sala de concertos ou lugar dónde máis che gustou tocar?
A Reserva sen dúbida, unha caixiña de madeira, e o público encima túa, é un corpo a corpo co público que non vivín en ningún outro sitio.
7 - O grupo que máis te decepcionou en directo?.
Acostumo ser de bo dente, ainda que cos anos te vaias facendo máis exquisito, pero hai dous grupos que levo vendo toda a vida, unhas veces fixéronme voar, e outras sentir vergoña allea, as drogas nos 90 fixeron moitos estragos, e neso os Enemigos e os Planetas eran os reis!!!
8- Algún concerto do que gardes bo recordo como músico ou espectador na costa da Morte?.
Teño grandes recordos aquí na costa da morte de Todos Tus Muertos na Reserva foi brutal, Super Skunk e Sugarless na Eira apoteósico, Delorean no Sereas, os Xaponeses do Xiria pop…joder o 60% dos concertos do Xiria son cojonudos!!!
9- Tres garitos de rock and roll que recomendarías?.
O Silfo en Carballo, a Roda en Malpica e a Eira en Ponteceso, dos tres so resiste Javi na Eira.
10- Algunha cancelación dolorosa?, algún concerto no que non poideses tocar por calquer motivo? .
Unha vez casi cancelamos no pazo da cultura en Carballo por que nos faltaba Adri á batería e Pedro no baixo, fixemos dous fichaxes de última hora, Pedro de Apart e Fernando, e fixemos un bolazo con dous ensaios, son tremendos!!!
11- Están o pop e o rock en horas tan baixas como parece ou ainda teñen acordes para rato?.
O que está en horas baixas e a burbulla que se creou nos últimos anos ó redor do negocio musical, sobre todo aquí en España con certas promotoras, a SGAE, o streaming, etc, o rock e o pop están máis vivos que nunca, ao igual que o reggaeton , o rap e a música en xeral.
12- Qué anda Suso escoitando ultimamente ?.
Pois últimamente estou mallando sobre todo Rap, Kendrick Lamar, 2pac, Tote king, e clásicos como Tom Waits, Nick Cave, e teño un novo disco para facer o marujeo da casa, o directo de Hongo!!! Uns fenómenos!!!
13- Algunha recomendación musical? algunha banda nova que penses que teña bastante calidade e merezca a pena pararse con ela?
Aquí vou facer un alegato ó producto de cercanía, recordando a todas esas bandas cas que compartimos espazo, os nosos irmáns de LOSTREGHO, APART, TU FUTURA EXMUJER, LARKHILL, RUSTY NUTS, CRÚ…
14 -Qué grupo de pop rock non entendes que teña tanto éxito?
Coldplay jajajajaja
15- Tres festivais que lle gusten a Suso? , ou tres festivais que recomendes.
Xiria pop, Paredes de Coura, Festiletras.
16- A banda sonora de Suso, 10 cancións que penses que te definen.
1. Bombtrack (Rage Against The Machine).
2. Tupelo (Nick Cave and the bad seeds).
3. Hurt (Johnny Cash).
4. Teardrop (Massive Attack).
5. All tomorows parties (The velvet underground).
6. Closer (Nine inch nails).
7. Down on the street (The stooges).
8. Panic in Detroit (David Bowie).
9. A forest (The Cure).
10. Sabotage (Beastie Boys).
17- Unha compañeira ou compañeiro de Rock and Roll ó longo de todos estos anos?.
Bodegas, Iria, Nacho, Alejandro, Pabliño, Lai, Lola e outros moitos!!! Esto da música compartido gaña moito!!!
Cuestionarios
MÁIS PARECIDOS RAZONABLES
- Plaxios e parecidos razonables (XI): The Pool vs LCD Soundsystem vs Ibibio Sound Machine
- Plaxios e parecidos razonables (X): O “Black to Comm” de MC5 vs o Revolution de Spacemen 3.
- Plaxios e parecidos razonables (VI).
- Plaxios e parecidos razonables (V).
- Plaxios e parecidos razonables (IV).
- Plaxios e parecidos razoables (III).
- Plaxios e parecidos razoables (II).
- Plaxios e parecidos razonables (I).
CARA B
- Cara B (I).
- Cara B (II): Roe Deers - Move to the beat (edit)
- Cara B (III): Red 7 - I Lost My Shoes On Acid
#SOANDOCONFORZA
- Unha de memes sobre DJs.
- Un outono cheo de cousas interesantes.
- Unha playlist con 10 novedades de setembro.
- "Verán en Razo", nova sesión recén saída do forno.
- EmeDj, a outra cara da profesión de DJ.
- Unha playlist para xullo.
- Imhotep e Rusty Nuts, dous nosos proxectos musicais costeiros
- 20 cancións que cumpren 20 anos este 2023.
- A esencia de The Cure.
- Unha ollada á carreira do carismático Vic Godard.
- Dúas cancións polo Día do Traballador
- Vetusta Morla en Laracha
- 14 anos do primeiro concerto de Nudozurdo na Costa da Morte.
- Dúas picadiscos polo 8M e o Día Internacional do Picadiscos.
- Beyoncé e The Chi-Lites
- O docu sobre Blitzed.
- 175 cancións deste 2022.
- De Düsseldorf a Marsella.
- Un crowfunding pola saída do novo EP de Radio Océano.
- Un podcast e unha playlist música en galego polas Letras Galegas.
- Lembrando a Propellerheads.
- Unha lista de clásicos de EBM para cargar as baterías.
- Rescatando a David Holmes.
- 20 anos de 24 Hour Party People
- 10 bandas rusas.
- Un tema e unha sesión para rematar o Entroido.
- Lembrando a Renegade Soundwave.
- “Fail We May, Sail We Must”.
- A playlist QPC.
- Cando The Undertones se burlaban de Human League.
- Primeiras novidades do 2022Primeiras novidades do 2022.
- 25 anos do Homework de Daft Punk.
- O castelán na música electrónica internacional
- Cando Mudhoney adiantou a Primal Scream sampleando a Peter Fonda
- 5 cancións para recibir o novo ano.
- Playlist de Nadal.
- As 101 cancións do 2021
- Un par de temas que Dua Lipa sampleou.
- Un vinilo dos Dramáticos en Porto.
- As influencias de “Gang of Four”.
- Unha playlist para Samaín.
- Pinchada para os comercios da rúa Valle Inclán.
- 10 novedades para a finde.
- Lembrando a banda lusa GNR.
- 2 playlist para esta finde.
- A sesión do Orballo Cultural.
- Uns temas para arrincar setembro.
- Un cento de bandas da década dos 2000.
- 8 recomendacións de libros musicais para acabar o verán.
- Unha hora de baile na radio-podcast QPC.
- A versión de Safety Dance de Angel Olsen.
- 39 anos do triunfo da banda carballesa Metro na Corulña.
- Un repaso ás bandas que pasaron polo XiriaPop.
- 5 versións de bandas nacionais.
- 30 anos dunha cancelación histórica en Bergantiños.
- As actuacións máis destacadas do San Xoán de Carballo.
- Dous discursos de Pepe Mujica sampleados para a pista de baile.
- Eirís, o carballés que estivo de xira por Corea do Norte.
- A solicitada voz de Robert Smith cas bandas de pop electrónico.
- 32 anos do histórico concerto de Yo la Tengo na Laracha.
- 5 temas fronteirizos.
- 8 aniversarios singulares.
- Un avance do que se vén polos festivais galegos este verán.
- Dúas listas para #RadioQPC.
- 5 novidades de bandas galegas.
- 5 sesións para amenizar a finde.
- 5 imprescindibles documentais de música.
- Lembrando unha visita de Manu Chao á Costa da Morte.
- Catro novidades e un clásico para a última fin de semana de marzo.
- Playlist polo Día do Pai.
- Baiuca.
- “Tu Futura Ex Mujer”.
- Coñecendo a banda carballesa "Apart”
- “Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas