mércores. 14.05.2025
El tiempo

O rei do marisco celebra a súa festa en Corme

O rei do marisco celebra a súa festa en Corme

Xa non queda nada. Os bravos percebeiros e percebeiras xa case remataron o perigoso choio e as potas xa case están postas ao lume. I é que unha das festas gastronómicas con máis tirón da Costa da Morte ten lugar este sábado 9 de xullo na vila pontecesá de Corme.

A XIX Festa do Percebe do Roncudo recibirá milleiros de visitantes multiplicando a poboación da pequena vila mariñeira. E ademais terá unha visita especial, pois o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo estará de novo en Corme. E dicimos de novo, porque xa foi o pregoeiro da festa como vicepresidente. Desta volta estará coa Conselleira de Pesca, Rosa Quintana e do Alcalde da Coruña, Carlos Negreira e serán recibidos polo alcalde local José Luís Fondo Aguiar.

Non será o pregoeiro este ano Feijoo, pois a cita conta cun persoeiro local moi especial. O tenista cormelán en cadeira de rodas, Martín Varela, será o pregoneiro festa. Xa leva un par de semanas a voltas con ese "Me llena de orgullo y satisfacción...", pero de seguro que tira da simpatía e naturalidade que o caracteriza e fai chorar a máis dun veciño a eso da 13:30h.

De seguido o alcalde fará entrega das placas conmemorativas polos éxitos deportivos acadados no 2011 aos xuvenís do Corme Clube de Fútbol, a Francisco Rodríguez Bugallo, campión cadete de 100 metros lisos galego, e ao propio Martín Varela.

Ás 14:00h, terá lugar na Praza da Ribeira a estelar actuación de Pinto e Cobiñas (Protagonistas da serie televisiva Para mariñeiros nós) . Como para perdela. E a partir das 14:30h terá Corme unha Sesión vermú diferente, no que no canto de orquestras bailaremos a ritmo dos platos dos Djs de Eventos On.

A todo isto, a Charanga Mekánica estará dende as 10:00h co seu pasarrúas, e os percebes comezarán a venderse a partir das 12:00h.

Como colofón da festa, El Parga presentará a canción do verán.

Ademais, a festa habilitará prazas de aparcamento na entrada do pobo, zona da nova urbanización do Osmo. E veña, a zampar!!

Máis información

Novas relacionadas

Novas da Festa do Percebe

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios