mércores. 14.05.2025
El tiempo

Os adolescentes de Ponteceso aprenden inglés xogando

Os adolescentes de Ponteceso aprenden inglés xogando

Hoxe, luns 5 de agosto abre o prazo para anotarse ao campamento de inglés "Emotive camps" organizado pola Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso e financiado pola Consellaría de Educación e Cultura da Xunta de Galicia.

"Emotive Camps" é un campamento de carácter gratuíto dirixido, preferentemente, a mozos e mozas de entre 14 e 16 anos (permitirase a inscrición de rapaces de máis de 11 anos de non cubrirse ás prazas) que pretende fometar o uso do inglés, xa que a linguaxe que utilizarán será exclusivamente o inglés, a través de actividades como: a tirolina, escalada, kayak, safaris fotográficos, etc. Transcorrerá entre o 19 e o 30 de agosto, de luns a vernes, e a inscrición estará aberta ata o 14 de agosto.

Haberá 20 prazas para mozas e mozas empadroados no Concello de Ponteceso. Xa se poden inscribir na Oficina Municipal en Corme. 981 738 428; a Casa do Concello de Ponteceso. 981 714 000; ou a través da Sede electrónica sede.ponteceso.es.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios