Os cativos de Ponteceso agasallan a Pondal polo seu 177 aniversario
          
Segue a Eduardo Pondal cumplindo anos da man da súa Fundación. Na xornada de onte, a entidade celebraba o 177º aniversario do bardo pontecesán, e o mesmo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acodía á cita, e comprobaba en primeira persoa a tremenda forza e incidencia no pobo das actividades da entidade costeira.
Medio centenar de cativos do CEIP Eduardo Pondal viaxaron no espazo-tempo ata o Centro Cultural. Alí esperáballes unha sesión de maxia e música, da man do acto Pepe Soto e da canteira máis prometedora da fundación: as fadas Alba, Sofía Araceli e Tamara.
A través destes persoeiros, e como da sempre presente Silvia Losada, os cativos puideron ir coñecendo os poemas do bardo. Foi tal a impresión que lles causaron os poemas aos meniños que ata lle prepararon un agasallo ao propio Pondal.
Novas relacionadas
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
 - Ponteceso expón o Prestige.
 - Os escolares tamén queren homenaxear en verso aos Faros da Costa da Morte.
 - Aspaber e a Fundación Eduardo Pondal asinan un convenio coa Deputación.
 - Diana Varela presentou o seu primeiro poemario dixital aos fillos de Pondal.
 - Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
 - Nota de prensa da Xunta.