Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Os orzamentos de Ponteceso enriba da mesa con sabor a polémica

Os orzamentos de Ponteceso enriba da mesa con sabor a polémica
Apin grabou o pleno de Ponteceso

Nova polémica entre partidos en Ponteceso. O PSdG volve á carga desta volta cunha acusación de "despilfarro" por parte do goberno local do PPP, e presenta na súa web www.ponteceso.psdeg-psoe.org unha completa listaxe de gastos municipais para analizar, ante o califican como "falta de transparencia". Concretamente o PSOE asegura que os datos, pertencen aos "Orzamentos municipais de 2013", "están levando o Concello á bancarrota”.

Non se fixo esperar a resposta do Grupo de goberno que se pregunta "a que está a xogar o partido socialista nesta lexislatura, sen rumbo por unha posición de confrontación e do NON a todo, despois de dous anos de lexislatura". Os populares pregúntanse se os socialistas consideran despilfarron o arranxo das beirarrúas de Ponteceso ou das rúas de Corme, denunciando que "o PSOE oponse sempre a todo, o último caso é o Museo Etnolúdico Galego (Melga), que será un revulsivo importante a nivel turístico para o municipio e que a cidadanía sabe que está subvencionado por AGADER ao 100 por 100".

Pola súa parte, o voceiro do PSOE, Lois García Carballido, reincide en que algunhas das cifras nas que se move o goberno pontecesán son "escandalosas, pois ilustran á perfección o despilfarro do goberno municipal nos últimos anos”. Entres elas, destacou o elevado gasto destinado a soldos políticos no municipio, que ascende a 147.202 euros anuais, aos que hai que sumar outros 47.867 € en concepto de pagos á Seguridade Social (en total, 195.000 euros), o que supón “unha carga económica inasumible para un concello de só 6.000 habitantes”.

Denuncia tamén Carballido que "Ponteceso acumula este ano 142.285 euros en concepto de intereses bancarios pola débeda que contraeu o alcalde, mentres concellos veciños como Dumbría ou Muxía, cunha xestión económica rigorosa, “teñen cero euros en gastos por este concepto”.
E remata asegurando “o Concello segue inflando artificialmente os ingresos en 1,5 millóns cada presuposto, o que fai que a débeda municipal vaia medrando a modo de bola de neve ano a ano e supere xa os 7 millóns de euros".

Pola súa banda, recoñece o grupo de goberno que "o Concello de Ponteceso, ao igual que todas as administracións, atravesa pola crise, un momento complidado, ao que o goberno municipal fai frente cunha política de reducción de gastos nos campos nos que é necesario facelo, e sen que o cidadán vexa mermada a atención na prestación de servizos sociais e outros servizos esenciais nas súas vidas".
Pero considera que "o que non é de recibo é que o PSOE de Ponteceso se pase toda a lexislatura en contra, ata do que deberían estar a favor, inversións para o Concello en todas as parroquias". E remata a nota cun "Aquí o único despilfarro que hai é a política do NON a todo do PSOE".

Novas relacionadas

  • APIN consegue gravar un mineiro pleno en Ponteceso.
  • O Goberno de Ponteceso saca en solitario os orzamentos nun pleno grabado.
  • Fonte

    Comentarios