Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Goberno de Ponteceso saca en solitario os orzamentos nun pleno grabado

O Goberno de Ponteceso saca en solitario os orzamentos nun pleno grabado

Por un fin un grupo decídese a meter a cámara no pleno. Foi APIN o que fixo caso das recomendacións da Plataforma "Graba tu pleno", como pretenden en Muros, e se dispuxo a gravar a sesión plenaria, un acto de orde pública. Un pleno importante ademais, pois tratou a aprobación dos orzamentos para o 2013.

Así, hoxe xa podemos ver esta intervención de APIN no pleno, pero a partir de mañá (actualizaremos esta entrada), o grupo da oposición subirá as dúas horas de sesión ao youtube. "Este é o único xeito que fai posible que os cidadáns saiban o que acontece no pleno", declaran dende a oposición, "unha vez que o alcalde négase a celebralos nun horario no que a a xente poida acodir".

Orzamentos aprobados en solitario

O Goberno local sacou adiante a proposta en solitario, ante unha oposición totalmente contraria. Uns orzamentos que prantexan 4,6 millóns de euros de gastos e algo menos de 4 de ingresos.

Críticas de APIN

A oposición critivou que os informes intervención o "goberno sacaría un moi deficiente", segundo APIN, criticando sobre todo a falta de coidado no "límite de gasto" e "incumprindo os obxectivos do balance ingresos/gastos". Denuncia APIN ademais que "a débeda do concello pode chegar este ano a ser inasumible", apuntando que hai máis de 3,2 millóns de euros de débeda cos bancos, 650.000€ de remantente negativo do 2013, 1,2 millóns de facturas sen pagar e outros 600.000 dun recoñecemento extraxudicial, formando un total de 5,8 millóns de euros que cos intereses poderían superar os 7 millóns. Por tanto, consideran que "é necesario facer unha forte reducción do gasto público asi como facer un plan económico-financiero realista e que sexa cumplido polo goberno".

Aproveita APIN para denunciar que o rexidor lle dixo ao representante de APIN no pleno "Vostede non pinta nada aquí!".

Críticas do PSOE

Pola súa parte, o grupo do PSOE denunciou o "grave desfase presupuestario de 8 millóns de euros nas contas municipais". Os socialistas afirman que, a pesar dos infomes negativos do interventor, o alcalde “inflou artificialmente e de forma sistemática”, as previsións de ingresos para “poder ter unha capacidade de gasto non autorizada” e manter “os soldos políticos máis altos de España para un concello de 6.000 habitantes”.

García Carballido denuncia “un auténtico saqueo” das arcas municipais e advirte de que a acumulación de débeda é “unha bola de neve que medra ano a ano e, se non se para, levará á quebra total do Concello”.
“A situación económica municipal é tan desatrosa que o ratio de endebedamento supera o 107% dos ingresos anuais, polo que se este ano non houbera plan de pago a proveedores, o Concello estaría xa en default”, subliñou o voceiro socialista.

Novas relacionadas

Fonte

Apin grabou o pleno de Ponteceso

Comentarios