Ponteceso acolle unha nova xornada informativa sobre a invasión eólica
As Xornadas Cantís do Canteiro naceron na Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras co obxetivo de informar e concienciar. Os primeiros debates foron orientados sobre o parque eólico As Salgueiras de Ponteceso e a transición enerxética en Galicia. Amancio Sotillo de Adega, Iñaqui Varela de Verdegaia e Carlos Penedo da Rede Galega por un rural Vivo, deron conta da realidade que acontece nos parques eólicos e a transición enerxética en Galicia.
A entidade quere darlle continuidade para fomentar a participación social sobre o modelo xestión do territorio, a protección e potenciamento do sector primario. Así, o sábado dia 23 de outubro ás 11.30 h na Biblioteca Municipal de Ponteceso haberá un novo encontro intervención de Xosé Ramón Cendán SLG, Ana Varela da activa Asociación Petón do Lobo e Xoán Doldán Economista e membro de Véspera de Nada, que debatirán sobre a actual avalancha de proxectos eólicos, o modelo de despregadura que padece a Costa da Morte e as alternativas para un modelo enerxético xusto e sustentable.
NOVAS RELACIONADAS
- Terra regalada.
- A Eurocámara deixa aberta unha petición sobre o parque eólico das Salgueiras.
- Carlos Penedo: Costa da Morte, territorio de sacrificio.
- Parques eólicos que ameazan o Parque do Megalitismo.
- O Monte Branco tamén viviu un acto sobre o impacto dos eólicos.
- Outubro 2020: 6 entidades alertan do impacto ás "paisaxes pondalianas" do Parque Eólico das Salgueiras.
- P.E. Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- P.E. Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais