Venres. 29.03.2024
El tiempo

Terra regalada

Carlos Penedo, membro da Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras e da Rede galega por un Rural Vivo, volve escribir en QPC.

Eolicos por Bergantinos
Terra regalada

Monte Chan, Pena dos Mouros, Monte da Croa e Monte As Salgueiras son montes da Costa da Morte con alto valor medio ambiental, paisaxístico e cultural. Teñen en común compartir espazos naturais únicos e saben moi ben dos usos dos montes a veciñanza de Laxe, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, e Ponteceso. Un de eses usos é o dereito a disfrutar da paisaxe, dispor do uso de mananciais, fontes e regos, do uso forestal, uso de andar polos camiños reais, corredoiras e pistas, uso para visitar o monte e comtemplar os hábitas da flora e fauna e as formacións rochosas de penedos e petóns, uso do monte para gozar da nosa arqueoloxía e os lugares sagrados dos nosos ancestros, uso do monte para buscar o ceo nocturno, constelacións, estrelas, galaxias, nebulosas e por suposto a Lúa. Os montes sentímolos como propios, moita parte de nós e dos nosos antepasados pasaron polo Monte.

Políticos sen alma e promotoras eólicas “Verdes”, queren poñer en común estes espazos únicos instalando polígonos industriais eólicos, coa condición que estes montes perdan o gran valor medio ambiental, paisaxístico,e cultural. Os usos do monte de acceso libre a toda a veciñanza, quedan restrinxidos coa imposibilidade de acceder a moitos lugares do monte pola instalación dos aeroxeradores dentro da poligonal do parque industrial eólico, poligonal de erticto uso industrial, aldeas dentro de poligonais eólicas, dito de paso con unhas condicións contractuais da idade media.

“Galiza estáse vendo sometida a un proceso de intesificación eólica sen precedentes, que resulta demoledor para o medio rural e os habitantes. O actual modelo de implantación de enerxía eólica en Galiza segue tendo como referencia principal un marco normatívo e institucional desfasado,que favorece ao grande oligopolio enerxético fronte os dereitos das comunidades locais afectadas e o interese colectivo”. Este é o inicio do Manifesto Aldeas con Horizonte, que comparte solucións para atopar un novo modelo enerxético máis favorable para galegas e galegos.

Abrindo o foco e con prespectiva estatal, temos por un lado o informe de "23 cientificos e científicas españois, pertencentes ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), alertan a través dunha carta á revista Science da grave ameaza que supón para a biodiversidade o incremento acelerado e desordenado das enerxías renovables”. Falan de danos irreversiveis á biodiversidade se as practicas desproporciondas da instalación eólica mantense no tempo. Insisten na necesidade dun cambio no modelo enerxético, “sino puede poner en jaque algunos de los valores únicos que tenemos en el estado”. Por outro lado, informes, análises e investigacións de técnicos do Consejo de Investigaciones Científicas, preguntados se vistas as necesidades enerxéticas, era necesario construir mais parques eólicos: “La pregunta es para qué. En España tenemos ahora mismo 110GW de potencia eléctrica insatalada, mucho mas de la que usamos. El máximo de consumo de eléctricidad fue de 45 GW , en julio de 2008, y desde entonces ha disminuyendo. Si instalamos más parques eólicos aumentamos la capacidad de producir energía eléctrica; pero si no consumimos más electricidad, para qué sirve?”

Rebelan estas palabras que o modelo económico e de produción non son con evidencia o que necesitamos. Basándose en estudos e investigacións, feitas sobre as enerxías renovables, conclúen que o actual modelo económico e productivo non é eficiente e dianostican un cambio inmediato de modelo para conseguir unha produción de enerxía xusta e equitativa para todos e todas, pero antendendo aos cambios de modelos económico, social, de consumo e productivo quedarían cubertas as necesidades reais da poboación. É necesario un cambio de modelo sen máis perda de tempo.

Desde a Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras levamos de fai anos pedindo con urxencia poñer freo esta demoledora expansión eólica e solicitar unha nova planificación do sector eólico que modere os impactos e que mire os intereses da maioría social. É unha necesidade, paralizar novas tramitacións eólicas e solicitar un novo modelo xusto e sostible para o pobo e non para o capital privado.

“O futuro da Galiza está no aire. O noso futuro e o das vindeiras xeracións,fica en suspenso. Preciso é revindicarnos unha volta á terra, poñernos os dous pés no chan. É o que queremos transmitir á Administración de Alberto Núñez Feijóo”. Así comenza o Manifesto pola Parilización Eólica da Galiza que foi exposto na Praza do Obradoiro o 5 de xuño de 2.021, no que a Rede Galega por un Rural Vivo participou como entidade convocante. Este feito fixo que a sociedade galega activa e organizada, dera o primeiro peto na mesa, demostrou que ainda fican galegas e galegos comprometidos coa súa terra. A loita é persistente.

  • Carlos Penedo, membro da Plataforma en Defensa do Monte Salgueiras.
  • NOVAS RELACIONADAS

    Comentarios