sábado. 15.02.2025
El tiempo

O goberno de Ponteceso propón destinar todo o Plan Único a gasto corrente

Pleno Ponteceso Novembro 2024 copia
Imaxe do pleno de novembro
O goberno de Ponteceso propón destinar todo o Plan Único a gasto corrente

Levamos anos vendo como o novedoso Plan Único da Deputación apenas serve para asfalto e para sanear as arcas municipais a través de partidas de gasto corrente. O POS provincial, que outorga unha autonomía a cada concello para decidiros investimentos que lles son máis necesarios, cada vez tende máis á sinxeleza burocrática e á liquidez, e cada vez son máis concellos, e maiores as porcentaxes, de partidas destinadas á gasto corrente. 

Así acontece en Ponteceso, onde goberno popular vai levar unha proposta ao pleno de hoxe mércores (19:30h), para destinar a totalidade destes fondos, 616.360 euros, a sufragar gasto corrente co obxectivo de "equilibrar o orzamento municipal e garantir a estabilidade financeira do Concello". Explican que houbo "algunhas partidas de ingresos que non acadaron as previsións iniciais", sen concretar de que se trata.

Veremos como responde o diverso pleno pontecesán, se ben dende APIN xa amosaron as súas dúbidas á proposta preguntándose se "non fan falta obras?".

POS COMPLEMENTARIO para asfalto

O  POS Complementarios empregarase na outra pata, asfalto, propoñendo un proxecto de 89.640 euros para melloras viarias en diferentes puntos do municipio, incluídas actuacións na Gándara-Palás (Tella), A Campara (Cores) e A Bouza (Ponteceso). 
 

Máis novas

 

Comentarios