Ponteceso ponse de novo a proba na rede cun Concurso de coñecementos

09:47 15/03/11

Xa está en marcha a 3ª edición do concurso cultural e turístico, "Ponte a proba na rede", organizado polo Departamento de Turismo do Concello de Ponteceso. E este ano, ademais do desafío da proba en si, o reto será vencer a Sandra Alvarellos, vencedora das dúas primeiras edicións.
Ademais, o concurso será un bo xeito de darlle uso á rede wifi de Ponteceso, que xa conta con máis de 200 usuarios.
III Concurso Ponte a Proba na Rede
- O concurso desenvolverase a través da web do concello de Ponteceso www.ponteceso.net.
- Cada xoves dende o 17 de marzo e ata o 19 de maio, o concello irá facendo preguntas a través da rede. O prazo para contestar a cada cuestionario será ata ás 13 h do martes seguinte.
- Haberá 250€ para investir en material cultural, deportivo ou informático de premios.
Máis información e Isscrición
- As persoas interesadas poderán inscribirse do venres 11/03/2011 ata o xoves 17/03/2011, ás 13:00h. E poden formalizar a inscrición creando unha conta na plataforma PAD de www.ponteceso.net. Tamén o poden facer dende o propio concello.
- Ponteceso.net: Ponte a proba na rede.
- Bases do III Concurso Ponte a Proba na rede [pdf].
Novas relacionadas
- A rede wifi de Ponteceso conta xa con 200 usuarios.
- Ponte a Proba 2010: Sandra Alvarellos repite éxito na rede pontecesá .
- Ponte a proba 2009: Sandra Alvarellos Varela gaña o Concurso pontecesán Ponte a proba na rede .
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia .