sábado. 09.11.2024
El tiempo

Tres profesionais para liderar a lista do BNG de Ponteceso

María Vitureira Facal-Fatima Rod e Miguel Pose Amado BNG POnteceso.
María Vitureira Facal, Fatima Rod e Miguel Pose Amado lideran os tres primeiros postos da lista do BNG de Ponteceso
Tres profesionais para liderar a lista do BNG de Ponteceso
Presenta hoxe o BNG de Ponteceso, os 3 primeiros postos da súa de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. A candidata, Fátima Rodríguez, presentada xa hai varios meses, estará escoltada por dous novos profesionais. "Cando a nosa Asemblea Local enfrontou o reto de compoñer a candidatura para estas eleccións tivemos claro que neste momento é necesario ter un equipo versátil, con capacidade de escoita e de adaptación", declarou a candidata.

Miguel é veciño de Cospindo, ten 24 anos é farmacéutico e actualmente estuda unha oposición ao corpo de farmacéuticos do Estado. Comezou a participar activamente na política aos 18 da man de Galiza Nova porque cre que quen ten unha inquedanza e é inconformista ten que facer o que poida para mudar a realidade: "Penso que o Bloque é a alternativa que ofrece experiencia e unha traxectoria previa real e de compromiso co noso concello para gobernar facendo política transformadora ao servizo da xente", declara.

María é veciña de Corme Porto, ten 35 anos, formouse como Técnico de Imaxe para o Diagnástico, como Monitora de Ocio é Graduada en Traballo Social e actualmente compaxina o seu emprego no sector da hosteleria cos estudos dun Máster Universitario de Prevención de Drogodependencias e Outras Condutas Adictivas, a maiores, cando as súas ocupacións llo permiten, participa en movementos sociais: "O noso concello precisa un cambio, no BNG de Ponteceso contamos cun equipo multidisciplinar con ganas de dialogar para facer a política que os nosos veciños precisan", asegura.

Pola súa banda, Fátima Rodríguez, insiste: "Temos un claro compromiso en prol da transformación do noso concello e por iso conformamos unha candidatura composta por persoas que na súa propia vida xa afrontaron procesos persoais de transformación, capaces de adaptarse ás circunstancias para acadar os seus obxectivos".

Novas do BNG

 

Comentarios