Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Protección Civil de Ponteceso rescatou 63 cans ao longo do 2021

Proteccion Civil de Ponteceso cun can rescatado
Protección Civil de Ponteceso rescatou 63 cans ao longo do 2021

Segue sendo unha verdadeira mágoa a cantidade de animais abandonados que hai na nosa comarca. Só en Ponteceso, Protección Civil recolleu durante 2021, 63 cans que andaban perdidos ou abandonados polas rúas do concello.

45 deles regresaron cos seus propietarios, logo de ser revisados por un veterinario e poñérselle as correspondentes vacinas así como un chip. 8 entregáronse en adopción, 5 eran cachorros dunha cadela que estaba abandonada na zona de Tella, e 4 leváronse á protectora APADAN. A día de hoxe, só un can se atopa na base, aínda que proximamente será recollido por unha protectora.

Unha labor espectacular de toda a rede de salvadores que nace na propia veciñanza, que colabora co Protección Civil (981 714 000), e que tamén adopta, e non compra, os animais.

NOVAS RELACIONADAS

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN DE ARGOS E SALVACADELOS

Comentarios