O PSOE tamén critica a política enerxética da Xunta trala sentenza contra a repotenciación do P.E. do Roncudo
Trala publicación da sentenza do TSXG que anula a autorización da Xunta as obras de repotenciación do Parque Eólico do Roncudo, en Corme , BNG e ANOVA foron os primeiros en pedir responsabilidades. Onte era o PSOE o que denuncia o “fracaso” da política enerxética da Xunta, “caracterizada por improvisacións lexislativas” que xeran “división e inseguridade xurídica”.
Era a deputada Noelia Otero a que no Pleno do Parlamento Galego pedía a aprobación “dunha nova lei eólica que liquide as irregularidades”, ao tempo que cuestionou a “ausencia de explicacións, argumentos e autocrítica” do goberno galego.
”No canto de facer da enerxía eólica unha oportunidade, convertérona nun problema” e, incidiu, “o peor de todo é a ousadía coa que actúan” porque “foxen de calquera tipo de diálogo cos actores” implicados e “presentan unha moratoria con novos cambios pola porta de atrás”.
“Mesmo o Consello da Cultura ten trasladado un posicionamento ante esta situación”, subliñou a socialista, cando “solicitan a revisión do actual plan sectorial eólico”, incidindo fundamentalmente na “necesaria” ampliación da Rede Natura raquítica que nos sitúa “moi por debaixo da media estatal”.
Novas relacionadas
- Xaneiro 22: BNG e ANOVA piden responsabilidades á Xunta ante a sentenza do TSXG que anula a autorización do P.E. do Roncudo.
- Xaneiro 21: O TSXG anula a autorización da Xunta das obras de repotenciación do parque eólico de Corme, executadas durante o confinamento.
- Decembro 2020: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- Decembro 2020: O BNG tamén leva ao Parlamento a polémico repotenciación do Parque Eólico de Corme.
- Setembro 2020: “Queren expropiar fincas que xa levan meses ocupadas polo novo parque eólico de Corme”.
- Abril 20: A veciñanza presenta alegacións ao Parque Eólico das Salgueiras.
- 31-03-2020: Desmontando o parque eólico de Corme en pleno estado de alarma.
- Novembro 19: "Levamos 19 anos sen saber que un viravento invadira as nosas fincas de Corme”.