Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: O Fuso da Moura

Fuso da Moura entre Asalo e Ninons copia
Recunchos da Costa: O Fuso da Moura

Despois de visitar o Pedrafita do Marco da Anta ou o Menhir de Erboedo, toca completar a serie de pedrafitas (a palabra galega para “menhir”) da Costa da Morte. E cómpre irmos ata o linde entre Malpica (Asalo, Mens) e Ponteceso (Niñóns) para visitar o Fuso da Moura.

Precisamente din que podería ser o linde entre as zonas, pero tamén contan que un veciño utilizou a pedra orixinal para facer o seu portal, e que a actual pedra non é a orixinal. Agora un parque eólico enrarece as vistas do lugar, que é un fermoso miradoiro natural.

Angel e Ramon Boga no  Fuso da Moura-Foto-Dilmensedemaisfamilia
Angel e Ramon Boga no  Fuso da Moura-Foto-Dolmensedemaisfamilia

Uns dos primeiros en recollela foron Ángel e Ramón Boga en 1997, quen aseguraban que a pedrafita formaba “parte dunha necrópole megalítica e seguramente fai de fito anunciador”. A pedra de granito mide 2,5 metros de altura, e 40 cm cada cara.

Un recurso patrimonial xa recordado durante o vangardista exercicio de arqueoloxía social realizado arredor das Croas de Niños, un fermoso proxecto esquecido polo Concello de Ponteceso dende 2013.

Aseguran que é un lugar de lendas, de enerxías, de covas, onde seguramente foron enterrados os nosos antepasados. O nome provén da lenda que a pedra era o fuso co que fiaba a moura.

Gabriel e Cambón no Fuso da Moura para o proxecto Pontenafala
Gabriel e Cambón no Fuso da Moura para o proxecto Pontenafala

Precisamente, durante o proxecto de recolleita oral Pontenafala, varios veciños lembran un “rito practicado antigamente para sandar o gando, e que consistía en levar o animal enfermo ata a pedra e facerlle dar arredor dela un número impar de voltas”.

Fuso da Moura-Foto-Xose Manuel Varela
Fuso da Moura-Menhir ou Pedrafita na Costa da Morte-Foto-Xose Manuel Varela
Fotos de Xosé Manuel Varela

Fuso da Moura
Fuso da Moura

Como chegar

Para chegar ao lugar hai Ruta de Asalo a Punta Nariga, unha ruta de 10km, que sae do lugar de Asalo (na parroquia de Mens), ata o mítico Faro Naruta, pero polo camiño, chegados ao Monte de Asalo, fai parada no Fuso da Moura, xusto no marco entre os concellos pontecesán e malpicán.

Pero aquí tendes a localización:

Novas relacionadas

Máis novas

RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios