Luns. 26.10.2020
El tiempo

Recuncho da Costa: A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro

Ponte Peón en Dumbria-Foto-Modesto García Quintáns
Ponte Peón en Dumbria-Foto-Modesto García Quintáns
Recuncho da Costa: A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro

Un dos recunchos arquitectónicos importantes no concello de Dumbría está agochado nunha carballeira próxima ao lugar de San Crimenzo do Ézaro. Trátase dun acueduto, feito de canteiría que salva un desnivel aproximado duns 20 m. sobre o río do mesmo nome. Hoxe é o investigador Modesto García Quintáns o que nolo descubre:

Este acueduto forma parte da canle duns 6.650 m. de longo que sae da presa do Brazal e surte de auga á central hidroeléctrica de Campelo, no Ézaro. Foi feito polos canteiros de Ameixenda baixo as ordes do empresario Rosalino, sendo os capataces xerais José e Xoaquín Castro, máis coñecidos como “Os Baiñáns” do Ézaro (a nai vén de Baíñas).

A obra comenzárona no ano 1947, e os obreiros vivían durante a semana en barracóns a beira da obra, e rematárona sobre o ano 1950. O acueduto consta de dous pilares centraies unidos aos estribos por tres arcos de medio punto, todo elo feito con cachotes de canteiría. Desta obra, tan perigosa, non se ten constancia de accidentes graves.

Acueducto Ponte Peon-Dumbria-Foto-Modesto Garcia Quintans
Acueducto da Ponte Peón-Foto-Modesto García Quintáns

Como chegar

Mapa para chegar a Ponte do Peon-Fonte-Modesto Garcia

Localízase nas coordenadas UTM(ED50): X = 491706; Y = 4753485, é o seu acceso e algo complicado e con riscos.
Cómpre deixar o coche en San Crimenzo (pinchar aquí para ver a ruta, preguntar ou fiarse do GPS para atravesar un par de campeiros e un bosque antes de atopar o cauce do río, que seguiremos ata a ponte.

Unha vez aparado o vechículo, andamos pola estrada cara Sta Uxía. Pasada a casa de Caamaño e a uns 400 m., éntrase por unha portela a man esquerda e a través dunha pradería chégase ata encontrar a devesa. Metido nela vese a canle de formigón que ten unha pequena pasarela para cruzala e baixar o río. Tamén se pode bordear a parede polo lateral norte e baixar o río. Este pequeno tramo débese andar con cuidado porque é perigroso.

RECUNCHOS DA COSTA

comentarios