As redes de pesca de Corme serven tamén para crear material deportivo

A reciclaxe en todas as súas concepcións, é parte do éxito das percebeiras de Corme. A súa reconversión parcial na artesanía é todo un exemplo de emprendemento do sector mariñeiro en toda Galicia. A falta de relevo xeracional segue a ser un problema, pero estas novas vertentes crean un foco de esperanza para que asegurar o futuro da profesión de redeira.
Así o comprobaron hoxe unha completa expedición da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que escolleu Corme para arrincar os actos arredor da Semana do Medio Ambiente coñecendo esta proposta innovadora. Trátase dunha idea baseada na economía circular e impulsada polo xogador galego de baloncesto Carlos Martínez (a través da marca EcoBallution), que permite fabricar canastras de calidade a partir de aparellos pesqueiros recuperados pola Asociación de Redeiras Illa da Estrela. As bravas redeiras aproveitan os refugallos das redes que xa non poden volver ao mar para convertilas material deportivo reciclado, como estas redes de canastas.
NOVAS DAS REDEIRAS
- Marzo 2021: As Redeiras do Peirao seguirán contando co apoio da Xunta para os seus gastos fixos.
- As redeiras presentaron o seu documental.
- As redeiras de Corme e Malpica sacan a súa vea artesá.
- Malpica busca relevo xeracional para as redeiras cun obradoiro, unha visita guiada e un documental.
- As redeiras toman o Gaiás polo 8M.
- Dúas redeiras malpicás visibilizando en Europa a desigualdade das condicións laborais das mulleres do mar.
- Rosa, redeira e artesá: "Non podemos traballar aos 65 anos collendo pezas que pesan ata 50 quilos”.
- Novembro 19: Unha exposición de fotos amosa en Mapica o traballo artesán das redeiras,
- Rita Míguez (Anmupesca): "Temos que mecanizar o mar”.