Xoves. 02.05.2024
El tiempo

SD Ponteceso sobre os Partidos Solidarios da Selección: “Estes eventos son necesarios e beneficiosos para os clubs e para o Fútbol da Costa”

Parte da Directiva da SD Ponteceso
SD Ponteceso sobre os Partidos Solidarios da Selección: “Estes eventos son necesarios e beneficiosos para os clubs e para o Fútbol da Costa”

Aínda coa doce resaca dos partidos solidarios das Seleccións da Costa-QPC, quedáranos pendente facer un agradecemento concreto ás familias de UD Monte Louro e Ponteceso SD. Co afán de poñer en valor o traballo de toda esa xente que cada día pon boa parte do seu tempo tempo para que a mocidade poida disfrutar do que máis lle gusta, xogar ao balón queremos manter estas conversas cos ambas directivas.

Por Louro andan estes días tristes polo pasamento dun socio e directivo histórico, polo que lle mandamos o noso meirande alento.

Por Ponteceso xa andan preparando todo para a nova xornada ligueira, pero antes queremos falar con Miguel Cousillas, actual presi do club, para facer unha pequena valoración da xornada solidaria celebrada no Pinguel coa Selección da Costa- QPC.

Martin Varela e Miguel Cousillas Corme e Ponteceso
Martín Varela, directivo do Corme, con Miguel Cousillas presidente do SD Ponteceso, compartindo experiencias na xornada do Pinguel
  • QPC: Que valoración facedes desde o club tras o partido Solidario?

Unha valoración moi positiva, máxime vendo o resultado que tuvo en canto a afluencia de espectadores e, contando ca colaboración que se prestou en favor da Asociación Mi Princesa Rett.

 
  • QPC: Gustouvos ver á Selección da Costa-QPC competir no voso Campo? Credes que deberían xuntarse máis veces na tempada?

Foi un pracer ver xogar a selección no Pinguel e creemos que se deberían xuntar máis veces na tempada.

 
  • QPC: Volveriades a acoller un evento de QPC ou davos demasiado choio?

As dúas cousas je je. Danos chollo pero volveríamos a acoller un evento de QPC encantados.

Certo que en eventos coma este somos moita xente colaborando, como David Varela, Pablo Nogueira, Eva Carril, Alfonso Romar, Miguel Cousillas, Jorge Guillamett, Feli, Jorge, o eterno Barrié, Miriam, Grobas e Yolanda. E contamos coa inestimable colaboración de Ubaldo, Oscar Leis, David Castro, Dani Casal e demais colaboradores de QPC xa que o día anterior o vento fixo estragos cunha carpa que tiñamos habilitada para o envento e tocou botar unha man para recoller todo e poñer o campo a punto.

Máis novas

 

Comentarios