Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Sindicato USO pide a revisión do proceso selectivo do Técnico Coordinador de Ponteceso

Casa do concello de Ponteceso
O Sindicato USO pide a revisión do proceso selectivo do Técnico Coordinador de Ponteceso

Por se foran poucos os problemas políticos de Ponteceso, súmanse varias frontes laborais. Ademais da denuncia por “uso político” da Brigada de Obras por parte do CSIF, os voluntarios de Protección Civil tamén saltaron á voz pública para denunciar as actictudes do alcalde. Hoxe é a Unión Sindical Obreira (USO) a que pide “a revisión de oficio do proceso selectivo que terminou co nomeamento de E. C. Q., como Técnico Superior de Administración Xeral - Coordinador Xeral, praza incluída na Oferta de Emprego Público para 2018.

O sindicato entende que “as bases son nulas de pleno dereito porque incurren en irregularidades manifestas por dous motivos: a convocatoria fíxose no DOG e non no BOE, polo que se infrinxe a normativa básica; e a provisión mediante promoción interna, sen ter dous de antiguidade que establece a normativa”.

Neste caso, a USO solicita “a revisión de oficio do acto, a suspensión do nomeamento como Técnico Superior de Administración Xeral - Coordinador Xeral e a suspensión do acordo ou acordos correspondentes aos actos que sexan dictados posteriormente, por canto a prolongación desa situación manifiestamente ilegal puidese conllevar responsabilidades de carácter administrativo, penal e ata de índole contable”.

Novas relacionadas

Comentarios