Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Sindicatos e oposición denuncian vexacións do alcalde de Ponteceso contra a Policía Local

FOTO PATRULLA POLICÍAS PONTECESO polo Monte
Sindicatos e oposición denuncian vexacións do alcalde de Ponteceso contra a Policía Local

A polémica situación política do Concello de Ponteceso xa ten salpicado a Protección Civil. Agora tócalle á Policía Local sufrir as consecuencias do esperpento municipal que proagonizan os seus dirixentes políticos.

Desta volta ata o sindicato CSIF (maioritario no Concello) denuncia que o alcalde Lois Carballido acaba de “humillar aos compañeiros/as da Policía Local, cambiándolles os servizos, retirándolles o coche patrulla e enviándonos cun chofer/condutor fóra dos núcleos poboacionais a facer patrullas a pé toda a mañán polo monte... desatendendo calquera tipo de norma ou lei”.

O sindicato xa están dando traslado a Fiscalía e Xulgado, “ante este novo brote de auténtica tolemia” ao tempo que envían o seu apoio aos María Jose, Carlos, Pablo, Eva e Gumersindo.

O sindicato lembra episodios protagonizados polo alcalde, como o feito de “levar co seu sogro un coche patrulla da Policía a unha festa a Sestao”, “asinar facturas en nome de traballadores”, u“contratar Detectives para vixiar aos traballadores”, ou ata “dicirlle aos policias ”antes de denunciar a ninguén falade comigo”.

Unhas acusacións que ratifica o voceiro do PP, Daniel García Cotelo, lamentando o trato “vexatorio” do alcalde cara a traballadores municipais e policías locais. Considera as últimas demandas do alcalde un “sinsentido”, obrigándolles aos axentes a uns cuadrantes imposibles de cadrar ca conciliación.

García Cotelo explica que as protestas dos axentes traducíronse nunha ”represalia” en forma de envialos, sen coche patrulla, á zona de Niñons e a praia do Lago, tendo que ser trasladados por un chofer que lles recollería ao finalizar a súa xornada laboral, co agravante de que se trata dun lugar sen cobertura móbil e onde os traballadores permaneceron incomunicados toda a mañá.

Fai referencia tamén García ao Bando municipal sobre as Festas do Carme de Corme, onde o Concello prohibirá unha manchea de actividades, como a contratación de dúos, os botellóns… “É curioso que publique unha normativa que debe facer cumprir a Policía Local cando está sometendo aos axentes a un trato tan humillante e vexatorio”, denuncia o Partido Popular.

Novas relacionadas

comentarios