Non hai semana que pase sen un novo episodio do serial municipal de Ponteceso. Non quixeron faltar á cita os membros da oposición, trala celebración dun novo pleno celebrado o pasado venres, e que apenas durou 20 minutos. Un novo pleno ao que se presentou o alcalde, xa que se trataba de formular a defensa municipal (contratación dun avogado) ante a denuncia presentada polo propio rexedor, en contra do acordo adoptado en pleno de eliminar as dedicacións parciais e exclusivas que posuían ata decembro de ano 2020.
PP e Non Adscritos veñen de enviar sendos comunicados, ao coñecer que o alcalde presentou un novo recurso:
Dende o PP, lamebtan que “o alcalde de Ponteceso segue a provocar gastos ao Concello coas súas denuncias en lugar de xestionar”. O portavoz popular, Daniel García Cotelo, urxe a tomar medidas “xa” porque non pode ser que “un goberno que non goberna estea aínda por riba costando cartos aos veciños”. “En lugar de atender as súas áreas, as concelleiras que apoian ao alcalde en minoría fan que os veciños teñan que pagar os seus caprichos”, asegura o popular, que lembra que esta é a segunda demanda interposta polo goberno local contra o concello nas últimas semanas.
Ademais, insiste en que “o PSOE provincial e rexional ten que actuar xa. Isto non se pode manter máis no tempo”.
Os non adscritos denuncian igualmente que “temos un goberno local non goberna e só causa problemas e gastos aos veciños”. “O Alcalde non dá a cara, delega nas súas compañeiras ncondicionais e non deixan falar nin debatir. Non queren explicarlle ós veciños a verdade. Convocan os plenos cando queren e logo non están nin os técnicos (secretaría e intervención) nin o Alcalde. A verdade está clara, no seu momento, as dedicacións políticas destináronse para o Plan de Emprego Social e dar a campanada populista. Agora o Plan de Emprego non existe, non lles renovou pese a que as partidas políticas son anuais”.
Historia do sainete político de Ponteceso
- 23-06-21: A oposición en bloque lamenta a “eliminación da democracia” no pleno de Ponteceso.
- 18-06-21: Califican de absurdas as razóns do alcalde de Ponteceso para non convocar un pleno a petición de toda a oposición.
- 10-06-21: O alcalde de Ponteceso denuncia ao pleno para evitar que se investiguen as gravacións no seu despacho.
- Xuño 21: Protección Civil de Ponteceso denuncia que o alcalde intenta controlar a Agrupación con accións irregulares.
- 01-06-21: Non mellora o ton no pleno de Ponteceso.
- 06-05-21: A veciñanza de Ponteceso si se fala e si propón solucións ao bloqueo político.
- 05-05-21: Ponteceso, a corporación que pide diálogo pero non se fala .
- 03-05-21: A Secretaria non admite a trámite a moción de censura de Ponteceso, que terá que pasar ao Xulgado.
- 01-05-21: A oposición de Ponteceso presenta conxuntamente a moción de censura .
- 29-01-2021: Un pleno sen concelleiros en Ponteceso.
- 24-01-2021: Toda a oposición pontecesá piden á provincial socialista que aclare se o POS é aínda viable.
- 22-04-2021: Novo fracaso no intento de consenso arredor do resucitado POS de Ponteceso.
- 17-04-2021: A mocidade de Ponteceso lamenta a falta de interese dos grupos políticos polo consenso.
- 15-04-2021: Albíscase xa a moción de censura en Ponteceso.
- 15-02-21: O GES de Ponteceso rompe anos de silencio contra o seu alcalde: “Ese “señor” non nos representa”.
- 14-02-21: Novo audio de Carballido: “O máis fácil e o máis lóxico é non renovar o convenio co GES”.
- 12-04-21: Un panfleto contra Carballido e unha colleita de sinaturas polo consenso na campaña eterna que vive Ponteceso.
- 10-04-21: Novo audio de Carballido: “Ti dame os gastos, que eu xa consigo tíckets”.
- 04-04-2021: Piden á Provincial Socialista a dimisión de Carballido.
- 01-03-2021: Denuncian ante a Garda Civil a posible destrución de documentos do alcalde de Ponteceso.
- 31-03-2021: O audio que non se puido escoitar no pleno de Ponteceso.
- 29-03-2021: O Pleno de Ponteceso aproba unha comisión informativa para investigar as gravacións.
- 27-03-2021: Ponteceso, único concello da Provincia sen POS pola irresponsabilidade dos seus políticos.
- 12-03-2021: Terceiro pleno inútil para salvar o POS de Ponteceso.
- 04-03-2021: Os políticos de Ponteceso continúan co seu circo plenario.
- Decembro 2020: Os voluntarios de Protección Civil de Ponteceso lamentan “as decisións unilaterais e vingativas do alcalde”.
- 9-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia .
- 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta.
- 26-10-2020: Marco Varela: “Vergonza”.
- 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?.