Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A bergantiñá María Luisa Vidal Collazo gaña o certame #HoxeEscriboEn cun relato sobre Ponteceso

Xose Regueira con Maria Luisa Vidal Collazo Hoxeescriboen
Xos´w Regueira entregando o premio a María Luisa Vidal Collazo
A bergantiñá María Luisa Vidal Collazo gaña o certame #HoxeEscriboEn cun relato sobre Ponteceso

Entregou onte a Deputación os premios do certame #HoxeEscriboEn 2023. Un certame que trata de fomentar o talento creativo ao tempo que trata de difundir o patrimonio cultural dos nosos concellos.

E o primeiro premio recaeu na María Lúisa Vidal Collazo. A teóloga e feministaponte bergantiñá levou o primeiro premio polo relato “Estou aquí”, un texto referido a Ponteceso.
O segundo foi Diego Fernández Fernández, por “O desencravo”, sobre Betanzos, e o terceiro para María José González López, por “El pazo de Goiáns”, de Boiro.

O xurado, formado polo vicepresidente Xosé Regueira; as vogais Patricia Cernadas Novo e Paula Cabado Brea e a secretaria Carmen María Ferreiro Villaverde, Bibliotecaria e directora da Biblioteca provincial, elexiu “Estou aquí” como relato gañador “por ser un texto lírico que expresa con gran beleza os sentimentos e as emocións, co mar como parte da identidade”.

Premiados Hoxe escribo en Deputacion Coruna
O xurado coas premiadas

Comentarios